Patrocinado por

Javier Álvarez Lastra, xuíz internacional de gando: «As dificultades fixéronlle ao gandeiro galego ser máis profesional»

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS LUGO / LA VOZ

GANADERÍA

Javier Álvarez Lastra, á dereita, salienta o nivel morfolóxico e xenético das vacas de Galicia.
Javier Álvarez Lastra, á dereita, salienta o nivel morfolóxico e xenético das vacas de Galicia. CEDIDA

Defende o valor dos certames porque amosan o nivel das explotacións

23 ene 2023 . Actualizado a las 09:41 h.

Os concursos de gando foron reducíndose en Galicia nos últimios tempos. Só se celebran dous ao ano, o da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) e o de Feiradeza (Lalín); o de GandAgro (Silleda) é bienal. Porén, un galego, Javier Álvarez Lastra, é un dos tres xuíces de concursos que teñen en España categoría internacional. Trátase dunha afección e non dun traballo, aínda que tamén lle serve, como se comproba oíndoo falar, para ver que o nivel do campo galego ou español está ao mesmo nivel ca o doutros países.

-Se hai menos concursos de gando, hai menos xuíces. É algo inevitable, non?

-Si. En España, de feito, chegou a haber uns 25 xuíces. Non hai unha xubilación en si, pero se non hai concursos, é máis difícil que haxa xuíces.

-Están hoxe os concursos de gando de Galicia e do resto de España ao mesmo nivel ca os que se poden celebrar noutros países?

-Si. En Galicia traballei doce anos na finca de Bos (Guísamo), nun programa de mellora xenética da Xunta. En Galicia importouse moita xenética, que logo se vendeu ás granxas. Nas explotacións gandeiras de Galicia conseguiuse un alto nivel xenético. Hai explotacións que están participando en certames internacionais. En decembro, por exemplo, unha explotación de Cantabria gañou un concurso no que participaban vacas de Holanda, de Francia... As cuestións morfolóxicas e xenéticas están ao nivel de calquera outro país de Europa.

-Teñen ese mesmo nivel os concursos de Galicia?

-Suíza é unha excepción, fai uns concursos espectaculares. Pero os de Galicia están ao nivel dos de calquera país de Europa; mesmo diría que por enriba. A preparación das vacas está acadando uns niveis espectaculares. Antes os concursos eran máis ben unha reunión; hoxe tanto dá que se trate dun concurso local, autonómico ou nacional: hai bo nivel.

-Compénsalle a un gandeiro todo o traballo que supón a preparación das vacas para levalas a un concurso, sen esquecer que tamén hai gastos?

-Dá perdas. Eses animais levan ao concurso unha preparación que dá máis gasto que se estivesen na granxa, cos outros. Son coma atletas de elite que necesitan unha preparación antes de correr. Pero un concurso tamén che dá prestixio, e ao comercializar excedentes, supón un prestixio tanto nacional coma internacional. E o gandeiro ten tamén un orgullo persoal.

-Que unha vila pequena coma Muimenta conserve o concurso de gando semella ter moito mérito. Está de acordo?

-Ten moitísmo mérito. A Terra Chá ten moitas explotacións gandeiras. En Galicia a porcentaxe de xente que participa en concursos é pequena, e para Muimenta é moi importante ten un concurso de gando coma ese. Ao sector gandeiro dálle visibilidade e prestixio. Os concursos axudan a amosar o que se fai nas granxas. Para os gandeiros, as vacas non só o medio de vida senón case parte da familia.

-Hai o mesmo recoñecemento social do gandeiro ca noutros países?

-Non. Teño 44 anos. Sempre me gustaron as vacas, estudei grazas ás vacas que había na casa. Aínda hai un certo rexeitamento. Dicíanche ‘estuda, atopa un traballo para non ter que coidar das vacas’. Hoxe está todo moi profesionalizado; pero na sociedade hai aínda hai algo, non un rexeitamento pero si un pequeno desprestixio cara ao gandeiro, cando ser gandeiro é ser tan profesional coma en calquera outro oficio. En Galicia, non sei por que, sempre tivemos un prezo do leite máis baixo ca no resto de España; pero o gandeiro galego soubo progresar, e as dificultades fixéronlle ser máis profesional. Noutros lugares, con prezos do leite algo máis altos, os gandeiros acomodáronse un pouco.

«Non lía cómics, lía catálogos dos touros para poñerlles parella ás vacas»

«Cada un ten os seus motivos, pero creo que ten que ser algo que che guste». Javier Álvarez Lastra explica así por que alguén pode decidir converterse en xuíz de certames gandeiros, aínda que tamén lembra que o mundo do gando xa lle gustaba de pequeno. «Eu non lía cómics, lía os catálogos dos touros para poñerlles parella ás vacas [ri]». Iso axuda a explicar que anos despois decidise ser xuíz de concursos de gando: «Non é que vaias vivir diso, porque non vives, pero si é unha afección», di. Non só é unha afección senón que tamén é unha maneira de coñecer xente: «Teño amigos en Cataluña ou en Andalucía que coñecín en escolas de xuíces», afirma.

O proceso para chegar a ser xuíz, máis ca difícil, ten unha parte que Javier Álvarez Lastra define como vocacional. «Ten que ser algo innato, que vai contigo e sobre todo algo que che apetece», explica. Tamén é un proceso longo, pois cómpre facer un mínimo de cinco cursos. Un xuíz profesional avalía as posicións que fai o alumno, que necesita conseguir un 90 % de concordancia coas do profesor para ter o título B.

«Hai que saber explicar»

Pasando cinco escolas e tendo un 95 % de concordancia co profesor en dúas delas e un 90 % en tres, acádase o título de xuíz inactivo. Con dúas reciclaxes máis, nas que o alumno pasa unha valoración diante dun comité de xuíces, chégase a ter capacidade para xulgar en concursos. Chegado a ese punto, un alumno debe saber que as cuestións técnicas non son as únicas necesarias: «Non só hai que saber valorar. Hai que saber explicar: necesitas saber defenderte co micrófono, e o comité decide se podes chegar a xulgar», explica.

Actividade

De Ribadeo a Cataluña

Javier Álvarez Lastra naceu en Santalla de Vilausende (Ribadeo) en 1978. Estudou enxeñaría e traballa no centro de investigación da empresa Blanca from the Pyrenees, situado en Els Hostalets de Tost (Lérida).

El concurso de ganado frisón de Muimenta es el único que queda en la provincia de Lugo.

¿Quién juzga a las vacas de Galicia?

XOSÉ MARÍA PALACIOS

La ganadería vacuna de Galicia se cuenta por miles y miles de reses. Los concursos de ganado, en cambio, se cuentan en estos momentos con los dedos de la mano tras haberse reducido su número: solo quedan tres. Lo mismo puede decirse de las personas de la comunidad que tienen el diploma de juez para participar en esos certámenes y evaluar la morfología de los animales: solamente hay tres.

La situación se nota en ferias como la Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), feria de muestras de marcado carácter agropecuario que se celebra en esa localidad chairega. Su concurso anual de ganado frisón es el único de la provincia y uno de los dos que tienen lugar en Galicia: el otro es Feiradeza, que se celebra en Lalín, mientras que GandAgro (Silleda), tiene carácter bienal.

Seguir leyendo