Patrocinado por

Marcos Reimunde e Raúl Fraga: «Os avós tiñan abellas e levabamos isto dentro, pero non saíu ata agora»

Ramón González Rey

GANADERÍA

Marcos Reimunde, en primeiro plano, e Raúl Fraga, impulsan Marmel
Marcos Reimunde, en primeiro plano, e Raúl Fraga, impulsan Marmel XAIME RAMALLAL

A marca Marmel, con colmeas en Alfoz e Cervo, estrearase este outono

10 sep 2021 . Actualizado a las 09:18 h.

Marnel está na Cazolga, en Lourenzá. É o lugar onde Ramón Reimunde tivo un gran colmear. Décadas despois e cun leve retoque, o topónimo serve para nomear a unha nova marca, Marmel, impulsada por un dos seus netos, Marcos, e polo seu compañeiro, Raúl Fraga. Unha empresa cun pé en Rúa (Cervo) e outro en Adelán (Alfoz) que continúa a tradición das dúas familias, pois os catro avós dos dous socios eran apicultores.

A sabedoría sobre as abellas transmítese no interior da Mariña lucense -e especialmente no val do Ouro- de pais a fillos, pero para que Reimunde e Fraga se involucrasen de verdade na apicultura fixeron falta anos. O primeiro deles conta con humor como foi a singular volta á raíz dos protagonistas.

«Un dos meus avós dedicábase ao mel boa parte do ano, a gran escala, e outro a pequena. Os de Raúl, igual. Pero cando eres novo non fas nin caso ás tarefas da xente maior, escapas a onde podes, ata que logo estás preto dos 40 anos e comezas a interesarte», sorrí.