Patrocinado porPatrocinado por

Reactivan a campaña de Saneamento Gandeiro de «xeito escalonado»

Somos Agro REDACCIÓN

GANADERÍA

ROI FERNÁNDEZ

Medio Rural di que a reactivación do servizo estase facendo escollendo as explotacións e con medidas de bioseguridade axeitadas, mentras que veterinarios de Tragsatec denuncian que non están protexidos e dende Unións Agrarias piden que se manteña a suspensión para evitar contaxios. 

16 abr 2020 . Actualizado a las 20:46 h.

O persoal encargado de realizar o Saneamento Gandeiro volveu ao traballo este luns. Pero non o fixo do xeito habitual. Dende a Consellería de Medio Rural explican que a reactivación do servizo estase facendo de xeito escalonado, seleccionando as explotacións e coas medidas de bioseguridade axeitadas. Din dende a consellería que comenzaron por aquelas granxas que teñen un censo elevado de animais e que, teóricamente, dispoñen de mellores métodos de suxeición que minimicen o contacto entre o persoal presente.

De tódolos xeitos dende a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) din que os veterinarios de Tragsatec volveron ao traballo carecendo de protectores axeitados, feito que desminten dende Medio Rural ao explicar que o persoal intervinte tanto de Tragsatec como da Consellería, «actúa adecuadamente equipado con máscaras, luvas e provistos de sistemas de desinfección de mans, equipos e vehículos». Din ademáis que contan «con calzas e traxes desbotables, que poderían usar nos casos nos que se considerara necesario e dependendo da proba que se vaia a realizar».

Hai uns días Unións Agrarias pediu que continuara suspendido este servizo dada a escasa prevalencia en Galicia de enfermidades do gando e para garantir a seguridade das granxas. 

Otra información relacionada