Patrocinado porPatrocinado por

Unións Agrarias urxe a convocatoria da Comisión de seguimento do Acordo Lácteo

Somos Agro REDACCIÓN

GANADERÍA

PACO RODRÍGUEZ

Pide que se articulen medidas para evitar a entrada en España de excendente de leite doutros países europeos porque iso supón «un risco de contaxio de prezos especulativos á baixa»

16 abr 2020 . Actualizado a las 18:13 h.

Hai xa uns días que Unións Agrarias ven denunciando a presunta entrada no mercado español de cisternas de leite procedente dos excedentes de producción de Francia e Portugal para abastecer ás plantas de envasado. Do mesmo xeito di que tamén están chegando supostamente uns 950.000 quilos diarios de queixo procedente de Alemania, Holanda e Francia. Por iso, nese contexto, pide agora a convocatoria de forma urxente e de modo telemático da comisión de seguimento do Acordo Lácteo para «atopar unha solución que poña fin a estas prácticas ilegais».

Neste senso, urxe a publicación dos datos de importacións de leite e derivados para poder saber con excatitude ata onde chega o problema. Unións Agrarias ten cuantificado que son ata 30 camións cisterna (cargarían ao redor dun millón de litros) os que cruzan a fronteira para surtir o incremento da demanda que está habendo nas superficies comerciais. 

Din que «esta situación está sendo aproveitada polos países con excedentes na produción láctea para saldar as súas exportacións de leite líquido e derivados (fundamentalmente queixo alemán), cara o mercado español con prezos de 14 céntimos por litro, o que vai a provocar unha caída en cascada das cotizacións do leite en orixe, sobre todo en Galicia onde se produce o 40% de todo o estado español e xa está na cola en canto a prezo». Por iso, a organización agraria fai un chamado tanto aos Ministerios de Agricultura, Consumo como á Xunta de Galicia, para que se extremen a vixilancia sobre esta situación. Tamén chama ao consumidor á hora de facer a compra para que elixa produto de proximidade.