Patrocinado porPatrocinado por

O SLG anuncia mobilizacións, comarca a comarca

Somos Agro REDACCIÓN

GANADERÍA

Imagen de una de las manifestaciones de estos días en Pamplona
Imagen de una de las manifestaciones de estos días en Pamplona No disponible

Xusto o mesmo día no que o Consello de Ministros aproba o decreto de medidas urxentes para o campo, a organización agraria anuncia protestas que concretará mañá

26 feb 2020 . Actualizado a las 09:23 h.

O Sindicato Labrego Galego anunciou que levará a cabo mobilizacións, comarca a comarca, para denunciar «as políticas que están a destruír o noso medio rural e en defensa da Galiza labrega». A batería de protestas, anunciadas xusto o día no que o Consello de Ministros aproba o decreto de emdidas para o campo, vaina concretar mañá nunha rolda de prensa na que participará a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, xunto a mozos labregos e mozas labregas en representación de diversos sectores produtivos. Ao rematar a rolda de prensa entrevistaranse co grupo político do BNG no Parlamento de Galicia e co deputado do Grupo Mixto, Davide Rodríguez.