Patrocinado porPatrocinado por

Urxen a convocatoria da Mesa do Leite

Somos Agro REDACCION

GANADERÍA

ALVITE

El SLG explica que no marco dese organismo Medio Rural debe arbitrar un diálogo para que acabar coas anomalías de mercado que discriminan aos productores galegos. 

17 ene 2020 . Actualizado a las 16:16 h.

Aínda que o prezo do leite experimentou un incremento nos últimos meses, o escenario en Galicia continúa mostrando como esta é unha das comunidades co prezo máis baixo en España. Esa é a razón pola que o Sindicato Labrego Galego (SLG) reclama a convocatoria urxente da Mesa do Leite, un instrumento a través do que, como din, dende a organización agraria a Consellería de Medio Rural debería de actuar de mediadora para acabar coas anomalías de mercado que discriminan aos productores galegos.  

Dende a organización defenden a súa demanda apoiándose en que o prezo medio en novembro do ano pasado foi de 32,6 céntimos, estando lonxe da media española que está en 34 céntimos e a europea que acadou os 35,31 céntimos. E compara tamén con outras comunidades: en Castela e León cobran 34,2 céntimos e en Asturias 35,7 céntimos.

Neste senso, din dende a organización agraria, que a tendencia á alza na UE fixo que, «dende xuño a decembro, a prezo medio comunitario subise un 6,4 %, unha tendencia que tamén se deu no resto do Estado e en Galicia, pero aquí o aumento do prezo continúa deixándonos no último posto do Estado». 

Por outra banda, entenden que a convocatoria da Mesa do Leite é urxente dende o momento no que a industria está negociando novos contratos cos gandeiros. Explican que, «aínda que dende a Consellaría de Medio Rural e dende o Ministerio de Agricultura esgrimen que non é posible negociar prezos por ir contra as regras do mercado; en países veciños como Francia chegouse recentemente a un acordo grazas á mediación do Goberno, que conseguiu que Lactalis, a principal industria que opera en Galiza, lle pague ás granxas galas 35'5 céntimos por litro, o que supón unha suba do 7'5 % con respecto aos 33 céntimos que pagaba antes das negociacións». dende lactalis explicaron no seu día que a norma francesa é diferente á española e que, de tódolos xeitos, están dispostos a dialogar para buscar un acordo favorable a todos.