Patrocinado porPatrocinado por

Comezan as catas de queixos e meles de Galicia

Somos Agro REDACCIÓN

GANADERÍA

xoan a. soler

A exconcursante de Máster Chef Teresa Abalde ou a divulgadora Deborah García participarán estes días en Santiago nos paneis encargados de escoller os mellores productos

27 nov 2019 . Actualizado a las 18:57 h.

¿Cal é o mellor queixo de Galicia? ¿E o mellor mel? Eso terán que decidilo os membros dos xurados que compoñen o panel das Catas Oficiais dos Queixos e Meles de Galicia que comezarán mañá no Centro Integrado de Formación Profesional Lamas de Abade, de Santiago. Con este evento, organizado pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), e os cinco consellos reguladores (entre os dos queixos e o do mel), pretenden recoñecer o bo facer da xente que se adica a poñer en valor estes productos. 

Mañá arrancará a cata de meles, mentras que os días 28 e 29 destinaranse aos queixos. Nesta edición das catas, como avanzan desde Medio Rural, rexistráronse un total de 36 industrias queixeiras pertencentes ás catro denominacións de orixe galegas —Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e O Cebreiro— e 20 industrias do mel acollidas á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Os técnicos da Agacal, en colaboración cos consellos reguladores, recolleron a semana pasada un total de 93 mostras participantes, avalando en todo momento o anonimato das marcas participantes.   

O panel da XXII Cata dos Queixos contará coa presenza de cinco membros do panel de cata de Medio Rural, aos que se sumarán Iria Espinosa, xefa de cociña do restaurante Árbore da Veira, galardoado cunha Estrella Michelin. Tamén estará Isabel Marcos, responsable técnica e de calidade no Consello Regulador da DOP Cabrales e Artur Yuste i Tarragó, director xeral do Grupo Cuevas, unha das maiores plataformas loxísticas de distribución alimentaria desde 1867. Tamén estará a química coruñesa e divulgadora científica, protagonista de Órbita Laika, de La 2; Deborah García; o presentador de Larpeiros, Adrián Díaz; Anxo Vázquez Pernas, director dos primeiros programas televisivos especializados en información agraria da Labranza e do Agro, e Francisco J. Fernández Eiros, experto en análise sensorial de produtos lácteos e membro do panel de cata da APLTA.  

No que respecta á XVIII Cata dos Meles, ademais dos catro membros do panel de cata da IXP Mel de Galicia, incorpóranse tres profesionais máis: o xornalista e profesor universitario, Manuel Gago;  Ana Pascual Maté, coordinadora académica do Grao de Nutrición Humana e Dietética da Universidade Isabel I de Burgos e membro do grupo de análise sensorial da IHC —International Honey Commission—; e Teresa Abalde, fotógrafa e interiorista máis coñecida por acadar a segunda posición no talent show culinario MasterChef