Boaga renova a súa alianza con Abanca para impulsar a viabilidade das razas autóctonas

Os gandeiros asociados á federación poderán acceder a préstamos mellorados para poñer en marcha os seus proxectos ou acceder a anticipos da PAC en condicións ventaxosas


redacción

Impulsar a viabilidade das razas autóctonas. Ese é o obxectivo da alianza que a Federación de Razas autóctonas de Galicia (Boaga) renovou con Abanca para facilitar o acceso a créditos mellorados e, dese xeito, garantir as condicións que faciliten a  viabilidade das explotacións que teñan razas autóctonas galegas. 

O acordo, como apuntan dende Boaga, facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Entre outras cousas, poderán afrontar investimentos con maior tranquilidade grazas a un préstamo persoal ou leasing para o sector agrogandeiro cun prazo de ata 12 anos no caso de préstamo e beneficiarse dunha póliza de crédito, de ata cinco anos, para financiar as necesidades de liquidez do día a día e que supón un aforro importante en gastos de intervención notarial.

A oferta tamén inclúe condicións melloradas na contratación doutras liñas de financiamento, como anticipos da PAC, e incorpora fórmulas máis especializadas como liñas de comercio exterior, confirming, avais e liñas de desconto. O banco poñerá a disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen dará asesoramento sobre as pólizas e seguros específicos para o sector que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado.

Os adheridos poderán, ademais, acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, así como polas transferencias, ingresos de cheques e outros servizos habituais; e poderanse beneficiar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios vixentes que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Boaga renova a súa alianza con Abanca para impulsar a viabilidade das razas autóctonas