Patrocinado porPatrocinado por

Cuarenta persoas melloran «online» os seus coñecementos sobre prevención de incendios, pastoreo e queima prescrita

Somos Agro REDACCIÓN

FORESTAL

usc

Unha viaxe aos Ancares para ver as parcelas do proxecto piloto Interreg Open2preserve clausura o programa dirixido por Rosa Mosquera e Nuria Ferreiro

05 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Viaxe de prácticas á serra dos Ancares. Ese foi o lazo co que os máis de 40 alumnos do curso Sistemas agroforestais e prevención de incendios: queima prescrita e pastoreo , unha actividade formativa promovida pola Rede de Innovación Agroforestal Afinet e canalizada a través do Centro de Estudos Propios da USC deron por rematado este venres o seminario. Durante tres xornadas de formación en liña aprenderon, por exemplo, distintas técnicas dirixidas a reducir a maleza mediante queimas controladas ou os principios do herbivorismo que despois puideron comprobar en directo na viaxe aos Ancares. Alí viron as parcelas nas que se está a desenvolver unha das experiencias piloto deste proxecto Interreg Open2preserve.

Todo o programa do curso está dirixido a afondar na prevención do lume, unha temática que segundo a catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo e coordinadora de Afinet, Rosa Mosquera, quen co dirixe xunto con Nuria Ferreiro esta actividade formativa, tivo moita acollida. Nela participaron técnicos e profesionais dos servicios de incendios, alumnado universitario e ata persoal da Unidade Militar de Emerxencias (UME) destacados en León.

Os estudantes aprenderon con eles sistemas agroforestais, estratexias de xestión do territorio e prevención de lumes, xestión do monte e biodiversidade, así como respecto das respostas das comunidades leñosas ao pastoreo e mesmo das áreas Pasto-Cortafogo de Andalucía.