As queimas por razóns fitosanitarias terán que estar realizadas por equipos de alomenos dúas persoas

Entra en vigor a resolución que as permite durante o período de alarma por motivos excepcionais


redacción

O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores a resolución da Consellería de Medio Rural  que permite realizar queimas de restos agrícolas amoreados nas explotacións naqueles casos nos que poidan supor un perigo para o medio ambiente. Para poder realizar estas queimas derivadas de razóns fitosanitarias, cada interesado que queira facelo durante o estado de alarma terá que remitir a súa demanda por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas Territoriais da Consellería do Medio Rural. Na solicitude terá que incluir unha declaración responsable da persoa titular da explotación que xustifique a necesidade da queima por razóns fitosanitarias. Os equipos para levalas a cabo deberán  ter estar compostos por alomenos unha parexa de integrantes.

Na solicitude deberase indicar o concello, a parroquia, o lugar e a indicación do número de polígono e número de parcela que aparecen no SIXPAC da finca na que se realizará a queima solicitada, así como as datas nas que se pretende realizala. Tamén debe consta o número de inscrición no Rexistro de Explitacións Agrarias de Galicia (Reaga), así como o número de persoas que comporán o equipo de queima e que será, como mínimo, de dúas persoas.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

As queimas por razóns fitosanitarias terán que estar realizadas por equipos de alomenos dúas persoas