Patrocinado porPatrocinado por

Os 627 empregados fixos discontinúos dos servicios de prevención de lumes xa están traballando

Somos Agro REDACCIÓN

FORESTAL

Imagen de archivo de unos bomberos del servicio de extinción de incendios
Imagen de archivo de unos bomberos del servicio de extinción de incendios CARLOS CORTÉS

Como tódolos anos a campaña empeza antes da chegada primavera e durará nove meses

02 mar 2020 . Actualizado a las 17:16 h.

Os 627 traballadores fixos discontinuos que o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais acaba de contratar para traballar durante nove meses comenzaron  este domingo a súa labor. A Consellería de Medio Rural avanzou nun comunicado que desde xeito cumpre coa súa previsión para reforzar as labores de prevención de lumes antes da chegada da primavera. Explica ademáis que esta incorporación faise efectiva todos os anos nestas datas, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas presentes e previstas. Estes traballadores permanecerán en activo ata o vindeiro 30 de novembro.

O persoal que se incorpora forma parte do colectivo de bombeiros forestais, nas categorías de xefe de brigada, bombeiro forestal, bombeiro forestal condutor, oficial de defensa contra incendios, condutor de motobomba, ademais de emisoristas e vixilantes fixos. Ademais, a partires de agora tamén se empezan a despregar de forma progresiva os medios da precampaña, que vai de marzo a xuño (ambos meses incluídos). Deste xeito, refórzanse os medios, tanto humanos como materiais, para o correcto funcionamento deste servizo.