Os concellos galegos poden optar a axudas para mellora de camiños que faciliten a distribución de produccións locais
AYUDAS

Medio Rural destinará doce millóns de euros en dous anos para reparar os accesos a parcelas agrícolas
07 ene 2020 . Actualizado a las 19:55 h.Seis millóns de euros no 2020 e outro tanto no 2021. Ese é o presuposto que destinará a Consellería de Medio Rural aos concellos galegos a través do Plan Marco de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas co obxectivo de dar mellor servizo no rural. Os fondos xestionaranse por medio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Os camiños de acceso a estas fincas dan servizo a unhas 30.000 entidades de poboación nas que se asentan as casas da xente que vive no rural e tamén supoñen unha canle de entrada e daída de produccións rurais, dende o leite a artesanía. Esas canles de distribución, explican dende Medio Rural, son indispensables para poder mellorar a competitividade dos negocios desos entornos,
As axudas, engaden dende a consellería, teñen como obxectivo facilitar a ampliación, mellora e mantemento dos camiños municipais que den acceso ás pareclas agrarias. Deste xeito inclúen tamén traballos como o incremento do ancho de vía, reforzamento do firme o de terrapléns o a limpeza de marxes. Ao contrario, quedan fora da convocatoria actuacións nas rúas do interior dos núcleos de poboación.
Para que os fondos podan chegar a tódolos concellos galegos, a Xunta acordou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) criterios de distribución destes cartos marcados en base a indicadores obxetivos. A esas variables tamén incorporaron factores correctores vinculados á superficie do concello, o peso do campo dentro do municipio ou o grado de despoboamento e de envellecemento. Aqueles concellos que acabaron uníndose tamén contarán cun incremento da metade.
Os doce millóns totais do presuposto para dous anos repartiranse deste xeito: 3,7 millóns, para A Coruña; 3 para Lugo; 2,7 para Ourense, máis outros 2,4 para Pontevedra.