Patrocinado porPatrocinado por

Medio Ambiente destina 1.461.000 euros para axudas por danos por fauna salvaxe

la voz REDACCIÓN

AYUDAS

Estado no que quedou un prado de Vilalba tralo paso do xabaril
Estado no que quedou un prado de Vilalba tralo paso do xabaril PALACIOS

As subvención por ataques do xabaril a cultivos ascenden a un máximo de 1.650 euros por beneficiario, mentras que as concedidas por danos do lobo na gandeiría poden chegar ata 1.799 euros por un vacún de entre 2 e 6 anos de idade

07 may 2019 . Actualizado a las 14:54 h.

Para o ano 2019, a Xunta ten tres liñas de axudas en relación cos danos ocasionados por fauna silvestre. O seu importe global é de 1.461.000 euros. A contía polos danos nos cultivos agrarios provocados polo xabaril, segundo os datos da Consellería de Medio Ambiente, ascende este ano a un total de 811.000 euros, cun máximo de 1.650 euros por beneficiario

No caso dos danos provocados polo lobo, o orzamento total é de 350.000 euros. As contías que poden perceber os gandeiros son variables en función da idade e da raza do animal. No caso, por exemplo, dunha cabeza de gando ovino ou cabrún adulto maior de seis anos a axuda vai dende os 26 euros, mentras que no caso do gando vacún  poden chegar ata os 1.799 euros por unha cabeza de vacún de entre dous e seis anos 

Ao mesmo tempo adica a consellería unha contía para este exercicio de 300.000 euros para prevención. Pola adquisición de cans protectores ou defensores do gando da un máximo de 500 euros por animal cun tope de dous cans por explotación. Ademáis, para a adquisición de pastores eléctricos concede 600 euros por granxa cun tope de tres pastores. Ao mesmo tempo, para mercar cercas móbiles de malla electrificada concede cen euros por malla ata un tope de oito; pola adquisición e instalación e valados fixos son 1.500 euros por valado cun máximo 2 de dous explotación e pola  merca e instalación de valados fixos con mala cinexética ou gandeira, a subvención é de 3.700 euros por valado cunmáximo de dous por granxa.