Eduardo Peña e Prómine encabezan a lista dos mellores viños de Galicia

Maruxa Alfonso Laya
M. ALFONSO REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

Ganadores en las categorías de mejor vino tinto y blanco.
Ganadores en las categorías de mejor vino tinto y blanco. SANDRA ALONSO

Vedra do Ulla, Meu Ceo e Fonte de Frade lograron os primeiros premios entre os augardentes e licores da comunidade

08 dic 2025 . Actualizado a las 10:20 h.

Nunca é tarefa sinxela elixir aos mellores. Pero a Consellería do Medio Rural faino todos os anos. Na cata dos viños, licores e augardentes de Galicia, un selecto xurado é o encargado de probar os centos de mostras que se presentan para seleccionar aos que merecen premio. Nesta ocasión foron 442 os viños que concorreron a un certame no que Eduardo Peña foi elixido o mellor branco galego e Prómine o mellor tinto. «Estes premios axudan a poñernos no mapa», recoñecen na primeira desas adegas. E ese é precisamente o obxectivo destes galardóns: recoñecer o bo facer do sector vitícola e dos licores e augardentes galegos e axudalos a darse a coñecer.

O mellor branco galego deste ano é «un viño que ten como base a Treixadura, pero que tamén ten Albariño, Godello, Loureiro e Lado», conta o propio Eduardo. O mellor tinto, o Prómine de Bodegas Petrón, «es un 100 % mencía que vinificamos en acero inoxidable y que es un coupage de varias parcelas», engaden nesta adega. E ambas destacan a repercusión que estes galardóns terán nas vendas deste ano.

A lista de viños premiados na Cata dos Viños de Galicia ten outros moitos protagonistas. No Ribeiro, por exemplo, os mellores brancos son Alter, Pazo Tizón e Casal de Armán, por esa orde. E en Rías Baixas os premios os levaron o Gran Bazán Etiqueta Ámbar, Veiga de Princesa e Aravo. En Valdeorras os mellores brancos foron Ruchel, A Coroa e Joaquín Rebolledo, e os mellores tintos Bebedeira D’Berna, Joaquín Rebolledo e Costeira.

Vía Arxéntea, Crego e Monaguillo e Ladairo triunfaron entre os brancos de Monterrei e Fanrela, Ladairo e Rectoral del Monaguillo fixeron o proio entre os tintos. Na Ribeira Sacra os premios aos brancos foron para Regina Viarum, Pasal de Esile e Almalarga e os dos tintos recaeron en Casa Moreiras, O Prómine Singular e Matilda Nieves. Os Areeiros, Terras Mancas e Raigames triunfaron nos viños con IXP.

Houbo tamén galardóns para os escumosos, que levaron Martín Códax, A Nosa Victoria e Danza, e para os viños de variedades senlleiras, onde volve triunfar Máis de Cunqueiro. Entre os de colleitas anteriores destacaron Manuel d’Amaro, Armán Finca Misenhora e Eidosela Selección nos brancos, e O Prómine Singular, Camilo 1947 e Boas Vides nos tintos. E nos de pequenas adegas os premios foron para Folía de Chaos, Terras do Sur e Lagar da Cachada en brancos e Ciudaséis, Sollío e Cotarelo en tintos. Por último, nas elaboracións en madeira premiouse a Eido da Fonte, Terra de Asorei e Ramón do Casar Nobre en brancos e a Joaquín Rebolledo, Prómine Barrica e Vacamulo en tintos.

Entre as augardentes triunfaron Vedra do Ulla, Pazo Valdomiño e Fonte de Frade, e Meu Ceo foi elixida a mellor augardente de herbas. Nos licores cafés os premiados foron Meu Ceo. Tamtum e Pazo Valdomiño, mentres que Fonte de Frade, Lúa de Costeira e Segrel levaron os premios aos mellores licores de herbas.

MELLOR VIÑO BRANCO DE GALICIA

ACIO DE OURO

Eduardo Peña, Eduardo Rodríguez y Luz Cánovas, SC DO Ribeiro

MELLOR VIÑO TINTO DE GALICIA

ACIO DE OURO

Prómine, Bodegas Petrón, SL DO Ribeira Sacra

DO RIBEIRO

ACIO DE OURO BRANCO

Alter, Dominio de Razamonde, SL

ACIO DE PRATA BRANCO

Pazo Tizón, Pazo Tizón, SL

ACIO DE BRONCE BRANCO

Casal de Armán, Bodegas Casal de Armán, SLU

DO VALDEORRAS

ACIO DE OURO BRANCO

Ruchel, Bodegas Ruchel, SL

ACIO DE PRATA BRANCO

A Coroa, Adega A Coroa, SAT

ACIO DE BRONCE BRANCO

Joaquín Rebolledo. Joaquín Rebolledo, SA

ACIO DE OURO TINTO

Bebedeira D´Berna, Guitián y Blanco, SC

ACIO DE PRATA TINTO

Joaquín Rebolledo, Joaquín Rebolledo, SA

ACIO DE BRONCE TINTO

Costeira, Viña Costeira, SCG

DO RÍAS BAIXAS

ACIO DE OURO BRANCO

Gran Bazán Etiqueta Ambar, Agro de Bazán, SA

ACIO DE PRATA BRANCO

Veiga da Princesa, Viñedos Veiga da Princesa, SL

ACIO DE BRONCE BRANCO

Aravo, Adegas Chan de Vide, SL

DO MONTERREI

ACIO DE OURO BRANCO

Vía Arxéntea, Manuel Guerra Justo. Bodegas Vía Arxéntea, SL

ACIO DE PRATA BRANCO

Crego e Monaguillo, Crego e Monaguillo, SL

ACIO DE BRONCE BRANCO

Ladairo, Bodega Ladairo, SL

ACIO DE OURO TINTO

Fanrela, Manuel Vázquez Losada

ACIO DE PRATA TINTO

Ladairo, Bodega Ladairo, SL

ACIO DE BRONCE TINTO

Rectoral del Monaguillo, Crego e Monaguillo, SL

DO RIBEIRA SACRA

ACIO DE OURO BRANCO

Regina Viarum, Regina Viarum, SL

ACIO DE PRATA BRANCO

Pasal de Esile, Rectoral de Amandi, SAU

ACIO DE BRONCE BRANCO

Almalarga, Alma das Donas, SLU

ACIO DE OURO TINTO

Casa Moreiras, Casa Moreiras, SL

ACIO DE PRATA TINTO

Ó Prómine Singular, Bodegas Petrón, SL

ACIO DE BRONCE TINTO

Matilda Nieves, Bodegas Rectoral de Amandi, SAU

VIÑOS CON IXP

ACIO DE OURO

Os Areeiros Enoturismo Marse, SL IXP Ribeiras do Morrazo

ACIO DE PRATA

Terras Mancas Adega Terras Mancas, SL IXP Valdomiño-Ourense

ACIO DE BRONCE

Raigames, Bodegas Costas de Exportación, SLU IXP Ribeiras do Morrazo.

VIÑOS ESPUMOSOS

ACIO DE OURO

Martín Códax Martín Códax, SAU DO Rías Baixas

ACIO DE PRATA

A Nosa Victoria - Lagar da Cachada,Ricardo Abal Padín DO Rías Baixas

ACIO DE BRONCE

Danza, Viñas e Adegas Galegas, SLU DO Rías Baixas

VIÑOS DE VARIEDADES SENLLEIRAS

ACIO DE OURO

Máis de Cunqueiro, Torrontés, Bodegas Cunqueiro, SL DO Ribeiro

VIÑOS DE COLLEITAS ANTERIORES

ACIO DE OURO BRANCO

Manuel d´Amaro, 2018, Señorío de Rubiós, SL DO Rías Baixas

ACIO DE PRATA BRANCO

Armán Finca Misenhora 2023, Bodegas Casal de Armán, SLU DO Ribeiro

ACIO DE BRONCE BRANCO

Eidosela Selección 2023, Bodegas Eidosela, SCG DO Rías Baixas

ACIO DE OURO TINTO

Ó Prómine Singular 2023, Bodegas Petrón, SL DO Ribeira Sacra

ACIO DE PRATA TINTO

Camilo 1947, 2018, Ricardo Abal Padín DO Rías Baixas

ACIO DE BRONCE TINTO

Boas Vides, 2022, Antonio Míguez Amil DO Ribeiro

VIÑOS DE COLLEITEIRo E DE PEQUENAS ADEGAS

ACIO DE OURO BRANCO

Folía de Chaos, Egapor SAT DO Rías Baixas

ACIO DE PRATA BRANCO

Terras do Sur, José Antonio Canda Gil DO Rías Baixas

ACIO DE BRONCE BRANCO

Lagar da Cachada Bodegas Lagar da Cachada, SL DO Rías Baixas

ACIO DE OURO TINTO

Ciudáseis, Mª Gloria Alvarín Losada DO Ribeira Sacra

ACIO DE PRATA TINTO

Sollío, Juan Alberto Álvarez Rodríguez DO Ribeira Sacra

ACIO DE BRONCE TINTO

Cotarelo, Benigno Ríos Mosquera DO Ribeiro

VIÑOS DE ELABORACIÓNS CON MADEIRA

ACIO DE OURO BRANCO

Eido da Fonte Barrica 2022 Eido da Fonte, SL DO Rías Baixas

ACIO DE PRATA BRANCO

Terra de Asorei, Barrica. Adegas Terra de Asorei, SL DO Rías Baixas

ACIO DE BRONCE BRANCO

Ramón do Casar Nobre, Barrica 2024 Ramón do Casar, SL DO Ribeiro

ACIO DE OURO TINTO

Joaquín Rebolledo, Barrica 2023, Joaquín Rebolledo, SA DO Valdeorras

ACIO DE PRATA TINTO

Prómine Barrica, 2023. Bodegas Petrón, SL DO Ribeira Sacra

ACIO DE BRONCE TINTO

Vacamulo, 2020. Don Bernardino, SL

IX AUGARDENTE DE GALICIA

POTE DE OURO

Vedra do Ulla, Augardentes de Galicia

POTE DE PRATA

Pazo Valdomiño, Pazo de Valdomiño

POTE DE BRONCE

Fonte do Frade, Pazo de Valdomiño

IX AUGARDENTE DE HERBAS DE GALICIA

POTE DE OURO

Meu Ceo, Orujos y Licores Augavella

IX LICOR CAFÉ DE GALICIA

POTE DE OURO

Meu Ceo, Orujos y Licores Augavella

POTE DE PRATA

Tamtum, Orujos y Licores Augavella

POTE DE BRONCE

Pazo Valdomiño, Pazo de Valdomiño

IX LICOR DE HERBAS DE GALICIA

POTE DE OURO

Fonte do Frade, Pazo de Valdomiño

POTE DE PRATA

Lua de Costeira, Viña Costeira, SCG

POTE DE BRONCE

Segrel, Bodegas Pablo Padín