Os Premios Galicia Alimentación baten récord con 141 candidaturas en 2025

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

Cedida

A gala de entrega celebrarase o 26 de xuño na Cidade da Cultura, no marco do Foro Galicia Alimentación

21 may 2025 . Actualizado a las 10:00 h.

Os Premios Galicia Alimentación acadaron a máis alta cifra da súa historia ao recibir un total de 141 candidaturas. O dato supón un incremento do 9% respecto a 2024, cando se presentaran 130 propostas, e un 42% máis que en 2023, con 99 candidaturas. A categoría con maior participación foi a de Alimentos e Bebidas, que reuniu 95 propostas: 55 na modalidade de Produto Excelente e 40 na de Produto Innovador. Ademais, o Clúster Alimentario de Galicia recibiu outras 46 propostas na categoría de Sector Alimentario.

A entrega dos galardóns está prevista para o xoves, 26 de xuño, dentro do Foro Galicia Alimentación, que terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia. O evento conta co apoio institucional da Xunta de Galicia, o patrocinio ouro de Caixa Rural Galega, Gadisa e Vegalsa Eroski, e o patrocinio bronce da Fundación Semana Verde de Galicia.

Na súa undécima edición, os Premios Galicia Alimentación recoñecerán a excelencia, innovación, traxectoria e proxección do sector da alimentación e bebidas a través de varias distincións. As galardoadas dividiranse en dúcategorías: Alimentos e bebidas, que inclúe os premios ao Produto Innovador e ao Produto Excelente; e Sector Alimentario, con premios á Proxección e Estratexia de Mercado, á Innovación e á Sustentabilidade.

Ademais, o Clúster poderá conceder un Premio Honorífico Galicia Alimentación a unha personalidade destacada pola súa traxectoria e contribución ao fortalecemento do sector, con especial enfoque na innovación e sustentabilidade, tanto no eido público como privado.