Patrocinado porPatrocinado por

A feira Wine Week de Barcelona premia o Brut de Terras de Asorei e o labor da adega

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AGRICULTURA

CEDIDA

É o único escumoso non catalán que figura nos cen mellores viños escollidos pola prensa especializada para este ano

03 feb 2024 . Actualizado a las 09:34 h.

Esta fin de semana, Barcelona acolle a Wine Week, unha feira internacional na que participan un milleiro de adegas procedentes de todo o mundo e unhas setenta denominacións de orixe. Desta volta, a organización e a prensa especializada outorgará a Terras de Asorei o premio á Identidade Vitivinícola, subliñando o modelo singular desta adega familiar, encravada no Val do Salnés, «a súa honestidade na elaboración dos seus albariños e a súa boa relación entre calidade e prezo».

De xeito paralelo, na edición que o xornal La Vanguardia dedica aos cen mellores viños do 2024 no conxunto de España, o Brut Terra de Asorei figura coma unha das elaboracións escollidas. O arousán convértese, deste xeito, no primeiro escumoso galego que consigue este recoñecemento, con 93 puntos sobre 100. Os outros son cataláns.

A adega lembra que este é o segundo recoñecemento que acada o seu Brut, elaborado con uva cen por cento albariña do Salnés, logo do cobizado Acio de Ouro que concederon as Catas de Viño de Galicia.

Terra de Asorei é a unión de seis familias de viticultores que suman sesenta hectáreas de albariño e elaboran rías baixas e escumosos baixo as marcas Terra de Asorei Nai e Señora, e 1953 Pazo Torrado.