Patrocinado porPatrocinado por

A Xunta prevé reestruturar 125 hectáreas de terreo coa parcelaria de San Miguel de Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

AGRICULTURA

Martina Miser

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou onte a localidade do Baixo Ulla

08 mar 2023 . Actualizado a las 09:27 h.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo este martes unha reunión informativa cos veciños beneficiados pola concentración parcelaria de San Miguel de Valga, un proceso a través do que se prevé reestruturar unha superficie de 125 hectáreas divididas en 2.100 parcelas, propiedade dun total de 322 persoas.

Segundo explican dende a Consellería do Medio Rural, para levar a cabo esta reorganización territorial está previsto investir un orzamento de máis de medio millón de euros.

Con esta importante cantidade e esta actuación, explican dende a Administración autonómica, veranse tamén beneficiadas por esta mellora estrutural da terra o case medio cento de explotacións agropecuarias existentes nesa parroquia do Baixo Ulla.