Patrocinado por

José Ángel Santos, alcalde: «Creo que as permutas de Friol abriron novos camiños en Galicia»

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

AGRICULTURA

Santos cre necesario aplicar medidas que axuden a fixar poboación no medio rural.
Santos cre necesario aplicar medidas que axuden a fixar poboación no medio rural. CEDIDA

O rexedor di que non ten sentido que unha parcelaria dure 20 ou 25 anos. No concello vai comezar unha nova fase para permutar terreo entre gandeiros

11 ene 2023 . Actualizado a las 10:03 h.

O proxecto de permutas de terras agrarias xerou interese en Friol na primeira fase. Semella que a segunda, para a que o Concello vén de recibir unha axuda da Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural (Agader), seguirá o mesmo camiño. O alcalde, José Ángel Santos, cre que o modelo vale para outras zonas, pois está recollido na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia; pero tamén afirma que ten recibido consultas de alcaldes doutras comarcas de Galicia, e non todos dos PP.

—Pensa que seguirá habendo interese polas permutas nesta segunda fase?

—Por suposto. Xa hai zonas onde nolo transmitiron: Ousá, Nodar, Xiá... Isto é un éxito, e hai que seguir tirando do modelo ata que haxa agrupadas o maior número posible de hectáreas. Hoxe non se pode traballar en terreos pequenos, porque soben os custos e a actividade faise inviable. Por exemplo, os custos de maquinaria hoxe son moi elevados.

—Di vostede que as permutas son un xeito rápido e barato de agrupar terras. Teñen sentido hoxe as concentracións parcelarias convencionais?

—Teñen sentido cando hai un número importante de hectáreas. Nas permutas traballamos cun número máis pequeno, e por iso son eficaces. Tamén existe a figura dos polígonos agroforestais. Un proxecto coma o noso é eficaz nunha zona de 300 ou 400 hectáreas.

—Unha concentración parcelaria dura anos e anos. Paga a pena tanto tempo?

—Hai concentracións que si levan moitos anos e que non son eficaces para fixar poboación. Se se fan o máis rápido posible, si teñen sentido. O que non ten sentido é que unha concentración dure 20 ou 25 anos.

—Teñen interese as permutas de Friol porque os gandeiros acoden ao Concello pedindo información ou porque o Concello se dirixe aos gandeiros para explicarlles o proxecto?

—O primeiro proxecto houbo que explicalo. Unha vez explicado, todo foi sobre rodas: contábase con actuar nunhas 200 hectáreas e chegouse ás 400. Creo que vai ocorrer o mesmo na segunda fase. Cando un gandeiro ve que un veciño fai unha permuta, di ‘pois eu tamén quero'. Créanse sinerxias, e así esténdese a superficie incluída.

—Fixar poboación é un dos grandes obxectivos expresados cando se fala do campo. Pode axudar a iso este modelo que se aplica en Friol?

—Se unha persoa nova ve que a explotación familiar é viable, decide quedarse. O que se fai con este sistema é axudar a que a explotación sexa viable porque se reducen os custos de produción.

—Sobra burocracia no campo?

—Si. Sobra no campo e en xeral. Unha parella que monta un negocio pode ver que pasan dous anos dende que comezan os trámites. Do entusiasmo que tes polo negocio pásase á desilusión. Se ves que pasa ese tempo, a ilusión bórrase. Iso ten que ir reducíndose, pero xa non depende de nós senón doutras institucións.

—Pensemos a curto ou a medio prazo. Estará xeralizado en Galicia o modelo de permutas de Friol dentro de cinco ou dez anos?

—Creo que o modelo de permutas de Friol abriu novos camiños en Galicia. Cando comezamos, non sabiamos ben se sería un éxito ou se tería dificultades. Saiu ben; o éxito está aí; a xente, contenta por participar. Por que? Son os gandeiros os protagonistas: ven que a superficie distribuída en 60 ou 70 leiras se concentra en dúas ou tres. O que para eles ao comezo é unha ilusión convértese en realidade.

Ganado vacuno en la parroquia de Nodar, una de las más importantes en el proyecto de permuta de tierras agrarias.

El modelo que se consolida en Friol: un sistema para agrupar tierras más rápido y más barato que las parcelarias

XOSÉ MARÍA PALACIOS

Más terreno y más agrupado para los interesados, gestionado con rapidez y sin coste alguno para los integrados en el proyecto. El resultado final es similar al de una concentración parcelaria, pero el proceso dura menos, es también más barato e incluye solo a quienes tienen interés por la iniciativa al dedicarse a la agricultura o a la ganadería.

Ese es el modelo consolidado en Friol. El Concello va a poner en marcha una segunda fase del proyecto de permuta de tierras agrarias tras haber recibido para ello una subvención de la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). La primera fase se cerró con 24 propietarios participantes y con 424 hectáreas agrupadas.

Seguir leyendo