CONTENIDO PATROCINADO

Os termos "ecolóxico", "eco", "biolóxico", "orgánico" e "bio"  están protexidos e reservados en exclusiva aos alimentos obtidos da agricultura ecolóxica

Na etiquetaxe dos produtos ecolóxicos dentro da nosa comunidade deben aparecer a contraetiqueta, o código de autoridade de control e o código da entidade de control do Craega. Ademais, deben ir sempre acompañados do logotipo europeo.

Lémbrao, busca o noso selo! ... e consumirás produtos saudables, garantidos e de calidade
Lémbrao, busca o noso selo! ... e consumirás produtos saudables, garantidos e de calidade

Que é a agricultura ecolóxica?

  • A agricultura eco é un sistema de produción que busca conseguir alimentos da máxima calidade.
  • Respecta o medio ambiente e conserva a fertilidade do solo mediante a utilización óptima dos recursos e sen o uso de produtos químicos de síntese.
  • Na produción vexetal utilízanse prácticas e técnicas agronómicas, biolóxicas e mecánicas, tanto tradicionais como innovadoras, que evitan a contaminación do ambiente e aumentan a fertilidade e a actividade biolóxica do chan.
  • A gandería ecolóxica garante o máximo nivel de benestar animal e o respecto dos ciclos biolóxicos dos animais.
  • Na elaboración dos produtos ecolóxicos transformados non se empregan aditivos nin conservantes artificiais.

Que é o CRAEGA e que facemos ? 

O Craega é o único órgano encargado do control e certificación das producións ecolóxicas en Galicia e o que fan é o seguinte: 

  1. Certificación

    Certificamos as producións ecolóxicas na nosa comunidade: a produción primaria, a elaboración e a comercialización de produtos ecolóxicos para consumo humano e animal, excepto a pesca e caza extractivas, que non son certificables.

  2. Promoción do consumo de produtos eco

    Realizamos campañas para visibilizar o sector.

    Promovemos a produción ecolóxica galega fóra das nosas fronteiras.

    Participamos en eventos vinculados ao sector: feiras nacionais e internacionais, foros, congresos, conferencias...

  3. Formación e información

    Organizamos cursos e xornadas.

    Participamos na iniciativa “Come Local” para a integración de produtos eco nos comedores escolares de Galicia co obxectivo de fomentar a alimentación ecolóxica dende a infancia.

    Editamos carteis, folletos divulgativos, informes... e contamos cunha publicación fixa: Revista do Craega, de carácter cuadrimestral, que este outono cumpriu 58 números.

    Informamos acotío a través da nosa web  e das nosas redes sociais. Na actualidade temos presenza en Youtube, Facebook, Twitter, Instagram e Tik Tok

A miña cesta 100 % eco. Produtos que podes atopar co selo do Craega

  • Lácteos
  • Cárnicos
  • Ovos
  • Mel e produtos apícolas
  • Viños, sidras, cervexas, licores e bebidas destiladas
  • Conservas alimenticias
  • Froitas, verduras, froitos secos e cogomelos
  • Producións diversas
  • Acuicultura, conservas e produtos do mar (algas e mexillóns)

Faite eco: decálogo de motivos para mercar produtos bio

1. Non conteñen aditivos sintéticos: os produtos ecolóxicos cultívanse sen o uso de agroquímicos e sen aditivos, son equilibrados e moi ricos en nutrientes. Diferentes estudos demostraron que non é necesaria a incorporación de substancias de síntese no cultivo ou na produción de alimentos nin na súa conservación posterior.

2. Non conteñen pesticidas: a utilización destas substancias dana o ambiente e suponlle un custo adicional á sociedade, xa que esta debe eliminar os residuos que os pesticidas deixan na natureza.

3. Non conteñen organismos xeneticamente modificados: o cultivo de organismos xeneticamente modificados pode ter consecuencias negativas para o medio ambiente. Descoñécese se a inxestión de alimentos transxénicos supón un risco para a saúde dos consumidores.

4. Respectan o medio ambiente: cando consumimos alimentos ecolóxicos, colaboramos na conservación do ambiente, xa que evitamos a contaminación da terra, da auga e do aire.

5. Son moi saborosos: viviron un proceso máis natural e desenvolvéronse dunha forma máis sa, polo que conservan o seu aroma, sabor e cor auténticos.

6. Conteñen máis nutrientes e vitaminas: conteñen uns niveis máis altos de vitaminas (especialmente vitamina C), minerais esenciais (calcio, magnesio, ferro…), antioxidantes, hidratos de carbono e proteínas.

7. Axudan a preservar a biodiversidade: é un sistema alternativo de produción que favorece a utilización de castes e razas adaptadas ao medio.

8. Respectan os animais: a gandería ecolóxica permite que os animais medren ao seu ritmo natural e nunhas condicións de vida axeitadas ao seu medio.

9. Preservan a vida rural: a práctica da agricultura ecolóxica permite unha diversificación das producións e o aumento do valor engadido do produto final. Ademais, a agricultura ecolóxica xera emprego nas zonas rurais. Os alimentos ecolóxicos fomentan a sustentabilidade social.

10. Son de calidade certificada: ademais dos controis oficiais que se lles efectúan a todos os alimentos, os produtos ecolóxicos son obxecto dunha certificación adicional que garante a autenticidade da súa orixe ecolóxica. Entidades de certificación autorizadas e supervisadas polas administracións autonómicas inspeccionan cada ano todas as explotacións e industrias agroalimentarias ecolóxicas. Nos alimentos ecolóxicos a rastrexabilidade e a autenticidade están garantidas.

Que opinan os consumidores?

O último barómetro realizado polo Consello reflicte, entre outros datos, que a poboación galega ten cada vez máis confianza nos produtos certificados e que máis do 50 % dos consumidores galegos afirman ter consumido produtos ecolóxicos durante o ano 2020, a pesar se ser o ano da pandemia

Datos extraídos do Barómetro de Consumo. Craega 2020
Datos extraídos do Barómetro de Consumo. Craega 2020

Son máis caros que os convencionais? 

Nos últimos anos ese diferencial foise reducindo porque as explotacións ecolóxicas se fixeron máis rendibles; ao acadar unha superficie cun tamaño mínimo, poden colocar o produto máis facilmente e, ademais, nestes últimos anos é moito máis doado atopar os produtos eco nos lineais non só das tendas de proximidade senón tamén das grandes superficies, polo que xa é posible facer unha cesta da compra ecolóxica 100 %.

A produción ecolóxica galega, en cifras ( datos extraídos da Memoria de actividades do Craega, 2020 )

  • As vendas certificadas superan os 108 millóns de euros.
  • 1.320 operadores, cun crecemento do 11 % respecto de 2019.
  • 32.055 ha dedicadas á produción eco.