Patrocinado porPatrocinado por

O SLG lanza un vídeo para explicar a PAC en 8 minutos

Somos Agro REDACCIÓN

AGRICULTURA

cedida

Eu non cobro a PAC é un documento no que reivindican o papel das pequenas e medianas explotacións, que ao xuizo da organización agraria, deberían de ser as beneficiarias destas axudas da UE

30 ago 2021 . Actualizado a las 15:37 h.

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) lanzan un vídeo informativo sobre a política agraria común (PAC) financiado polo programa IMCAP da Unión Europea. Dende a organización agraria apuntan que «con ton retranqueiro e apoiado en abondosos datos oficiais,o vídeo Eu non cobro a PAC flúe nun ritmo dinámico que guía un fío explicativo freado polo apunte constante de que, quen realmente debería obter un financiamento público, é dicir, as pequenas e medianas explotacións que fixan poboación, producen alimentos de calidade, respectan o medioambiente e manteñen un medio rural vivo, non son as principais receptoras das achegas económicas da PAC, máis ben todo o contrario».

O obxectivo desta peza audiovisual é apelar á conciencia de toda a sociedade ao respecto da importancia de acadar unha política agraria común xusta, sostible, que respecte e coide o noso territorio, que manteña vivo o rural, que faga posíbel ter cada vez máis labregas e labregos e mellores alimentos.