Patrocinado por

Carmen Gayoso: «En Galicia as hortalizas que se comen son sota, cabalo e rei. Hai máis mundo»

amara fontao / a. a. SADA / LA VOZ

AGRICULTURA

A plantación de Carmen Gayoso e o seu marido, Oskar Martínez, non usa mallas antiherba, polo que a natureza é exuberante
A plantación de Carmen Gayoso e o seu marido, Oskar Martínez, non usa mallas antiherba, polo que a natureza é exuberante ANGEL MANSO

Após doutorarse na UDC e investigar no Chuac, a bióloga de Sada fundou xunto á súa parella unha explotación de agricultura rexenerativa

22 ago 2021 . Actualizado a las 22:38 h.

As hortalizas galegas comparten a terra con outras xaponesas, rusas, mexicanas... «Non me pidas que cultive só leitugas; son investigadora», pide Carmen Gayoso (Sada), fundadora de Leiriñas de Uz xunto á súa parella, Oskar Martínez. E o certo é que a súa plantación de agricultura rexenerativa podería facer que a sede das Nacións Unidas das Verduras se situase na sadense parroquia de Carnoedo.

—Como é o proceso de produción na agricultura rexenerativa?

—O importante é o entorno da planta. O primeiro é non tapar o chan, que para nós é vida. Ao non usar mallas antiherbas medra moita maleza, pero tamén evitamos os microplásticos, que poden ser absorbidos polas raíces das hortalizas e causar enfermidades. Ademais, a nosa actividade ten pegada de carbono negativa. Ou máis ben, negativísima. Tampouco aramos a terra, porque iso é poñer en suspensión o CO que captaron as plantas. Non usamos pesticidas, nin fertilizantes químicos, nin sequera sulfato de cobre, que en certas proporcións está permitida na agricultura ecolóxica. Só botamos bioestimulantes e biocidas que producimos na cociña da nosa casa.

—Escóitase moito que os tomates xa non saben coma antes. Cal é a clave para que teñan sabor as hortalizas?