Patrocinado porPatrocinado por

«Por desgraza, teñen que pasar episodios como o covid para poñer en valor a nosa actividade»

Bea Costa
bea costa MEAÑO

AGRICULTURA

CEDIDA

El técnico de Paco & Lola, Diego García Santiago,

17 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A colleita do 2020 será a primeira desta nova época marcada polo covid-19 e, só por iso, merece a etiqueta de histórica.

—En que medida afectou ou está a afectar a pandemia na campaña de Rías Baixas?

—Apenas alterou. A actividade no campo mantívose, incluso no confinamento, porque estaba autorizada tomando as precaucións que se esixen e que xa se viñan facendo á hora de aplicar os tratamentos, como son o uso de máscara e de buzos de protección.

—Serviu esta crise para que a xente saiba apreciar a importancia do sector do viño, e, en xeral, do sector primario vinculado ao agro galego?

—Os que nos dedicados a isto xa o sabemos, pero, ás veces, por desgraza, teñen que pasar episodios como este para poñer en valor a nosa actividade. É unha actividade esencial, os agricultores deron o mellor de cada un e foron quen de coidar o viñedo a pesar das dificultades. E iso que foi un ano moi complicado porque, aparte do covid, veu unha primavera moi chuviosa con temperaturas suaves e altas que favoreceron a aparición de moitos fungos.

—Como valora o cambio que se experimentou no xeito de traballar as viñas nos últimos anos?

—Houbo unha evolución substancial. O manexo do viñedo de agora non ton ten nada que ver co de hai vinte anos, tanto a nivel de formación dos viticultores como por parte das adegas. Agora hai unhas redes de información moito máis amplas e a nivel tecnolóxico e en I+D+i tamén se evolucionou moito. Todo iso permítenos ter máis capacidade de implantación de modelos para anticiparnos á aparición das pragas e outras enfermidades.