Patrocinado porPatrocinado por

«Non é sinxelo atopar materiais para a apicultura de calidade e baratos»

Ánxela Jorge Vidal, C.C. MONFORTE / LA VOZ

AGRICULTURA

Lorena González na súa tenda, a primeira adicada integramente á apicultura que abre en Monforte
Lorena González na súa tenda, a primeira adicada integramente á apicultura que abre en Monforte CARLOS CORTÉS

A época do verán, despois da pausa do confinamento, ameaza a sostibilidade dos comercios apícolas

07 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A apicultura é unha actividade común no rural galego pese á grande actividade intensiva que se da dentro do mesmo mercado. Unha vez deixada atrás a que debería ser a temporada máis alta, os comercios locais adicados á venta de materiais apícolas sofren as consecuencias da inactividade durante a emerxencia sanitaria. É o caso da tenda de Lorena González, xerente de Api Sacra.

-Que a levou a ter un comercio adicado específicamente á apicultura?

-Simplemente a adicación. Temos un colmear na casa dende hai uns anos pero non é por tradición familiar, é por pura afición.

-É sostible mantelo tendo en conta a existencia doutros establecementos que poden ter os mesmos produtos?

-Cremos que por esta comarca non hai niguen que se adique de forma exclusiva á apicultura coma nós. En Ourense hai outra tenda pero entre as dúas podemos compatibilizar a actividade das dúas provincias perfectamente.

-Ofertan algún produto distinto ou exclusivo con respecto a este tipo de comercios?

-A diferencia principal é que nós combinamos os produtos para caldeiras de biomasa cos da apicultura. O positivo é que cada elemento ten a súa temporada propia. A apicultura vende sobre todo en primavera e en verán e o demais en inverno, de forma que se van compensando ben.

-Os procesos de distribución son sinxelos?

-É difícil atopar materiais para a apicultura de calidade e baratos, nós sabémolo porque xa antes de abrir necesitabamos equipamento para o noso colmear particular e tiñamos que facer viaxes ao centro de España para atopar produtos que resultasen bos e económicos. Aquí é un proceso máis difícil pero agora xa encontramos un distribuidor co que traballar.

-O impacto de plagas como o da velutina afectou á práctica da apicultura?

-En realidade considero que non provocou unha baixada notable da práctica, si que creou certo medo ou pena nos apicultores pola perda de certas colmeas. Moita xente se desilusionou, pero non fixo que tirasen a toalla. Hai moita xente que se está metendo á apicultura, incluso persoas máis novas. Contra a velutina hai que loitar, temos que afacernos a vivir con ela, do mesmo modo que a abella que ten que aprender a combatela.

-A mestura do parón do mercado polo confinamento coa temporada baixa do verán fai que esta sexa unha mala época para a venta dos produtos?

-A verade é que a nós o confinamento nos dañou moitisimo. A nosa intención, nun primeiro momento, era abrir no mes de abril. Firmamos a constitución da empresa o 12 de marzo e non puidemos arrancar a tenda, tivemos que parar en marzo, xusto cando empeza a temporada alta na apicultura. Agora da temporada soamente queda un mes e medio como moito. O parón dañounos bastante.

-O movemento de persoas ao rural pode ser positivo ou unha oportunidade para o negocio da apicultura?

-A priori o turismo non nos vai supoñer un gran ingreso económico, como moito nun accesorio concreto ou nun agasallo. Tamén pode ser que alguén lle leve algún produto a unha persoa maior que non está na cidade e que finalmente queira adicarse activamente, así tamén sabe que estamos aquí. O turismo na apicultura non tería incidencia pero si que o poderíamos notar na biomasa.