Patrocinado porPatrocinado por

Castro toma la delantera en recuperar ferias y mercados

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS LUGO / LA VOZ

AGRICULTURA

Óscar Cela

El Concello espera que la reanudación ayude a recobrar la normalidad cuanto antes

06 may 2020 . Actualizado a las 19:22 h.

Castro de Rei toma la delantera. Mientras algunos municipios aún no han decidido la reanudación de sus ferias y mercados, en este municipio chairego se recuperó este miércoles la actividad. Castro de Ribeiras de Lea albergó, de nuevo, el mercado semanal, y para el domingo está prevista la feria quincenal en la capital del municipio.

La afluencia de vendedores fue escasa, pues solo dos acudieron con su mercancía; para el domingo, en Castro de Rei, no se manejan perspectivas más favorables. De todos modos, ese detalle no desanima al Concello. El alcalde, Francisco Balado, reconoció ayer que no se contaba con muchos vendedores, pero sí justificó la conveniencia de recuperar ferias y mercados: «É un intento de volver á normalidade», manifestó.

«Estaba claro que a primeira feira non sería coma a anterior ao estado de alarma», confesó. Hay vendedores que no acuden aún —los de ropa y calzado, por ejemplo—, y ayer faltaron también las pulperías, que son un gran reclamo cada miércoles. No obstante, Balado recalcó que la reaudación de ferias y mercados podía contribuir a recuperar la normalidad. En cambio, ni en Sarria se celebró ayer la primera de las ferias mensuales ni en Guitiriz tuvo lugar el mercado semanal.

«Non hai ninguén, pero vendín todo o que trouxen. Hai feiras nas que non vendo tanto»

Benigna García, que vive na parroquia de Bazar, acode os mércores ao mercado de Castro de Ribeiras de Lea. Non faltou o mércores, primeiro día de mercado tras a declaración do estado de alarma, e a súa mercadoría —queixos fabricados con leite das súas vacas, de raza rubia galega— vendeuse ben, como ela recoñecía.

As impresións que amosaba arredor do mediodía eran máis ben boas. «Hoxe non hai ninguén, pero vendín todo o que trouxen», dixo. Se se comparaba o día de onte con outros, mesmo se podía supoñer que o balance era máis ca favorable: «Hoxe vendín máis; hai feiras nas que non vendo tanto», confesaba. Clientes habituais e outros algo inesperados, traballadores dunha obra no casco urbano, achegáronse ao seu posto, colocado na carballeira. «Non esperaba vender nada», admitía.

 «Non é doado»

Esta vendedora, de todos os xeitos, afirmaba que a situación aínda era algo complicada para os compradores de máis idade. «Despois de dous meses, a xente maior non se atreve a vir. Para o que ten que saír comprar non é doado», explicaba.

Benigna García ten ido algunhas veces cos seus queixos á feira de Castro de Rei, que se celebra en domingo, aínda que o mercado semanal de Castro de Ribeiras de Lea é agora a única cita na que está fixa. Que as circunstancias actuais sexan algo difíciles non lle elimina a intención de seguir acudindo nas vindeiras semanas. «Tes que vir, porque tes que pagar facturas», explicaba.

«A xente á que lle vendo xa me chamou para facerme encargos»

Javier Rodríguez vende patacas. A produción chega á empresa na que traballa, situada en Castroverde, de distintas zonas de España, dependendo da colleita que se vai recollendo en cada momento do ano, e en mercados coma o de Castro de Ribeiras de Lea ten unha clientela fixa e fiel. «A xente á que lle vendo xa me chamou para facerme encargos», dicía onte.

«Esta non é unha feira coma as outras», subliñaba. Pero o pouco ambiente de onte non o colleu de sorpresa. «Xa se supoñía que a feria sería pequena. Vin porque vendo por encargo. Se non fose así, non pagaría a pena», explicaba. Onte foi o primeiro día no que se desprazou a un mercado tras a declaración do estado de alarma.

A posibilidade de volver o vindeiro mércores non estaba concretada senón vencellada con posibles encargos. «Mentres non se aclare a situación, é difícil. Hoxe [por onte] vin porque a xente xa me fixera encargos por teléfono», afirmaba.

Rodríguez non prevé por agora acudir a máis feiras, aínda que tamén recoñece que unha boa parte das vendas se dirixen a sectores que non compran nestes mercados e que funciona ben o servizo de entrega a domicilio. En vilas coma Castro de Ribeiras de Lea, o habitual é vender as patacas en sacos de dez ou de vinte quilogramos.