Patrocinado porPatrocinado por

Desprazamentos en círculo e pagar todo xunto ao final con tarxeta, parte das propostas sanitarias de Fruga y SLG para reabrir as feiras 

Somos Agro REDACCIÓN

AGRICULTURA

miguel souto

Reclaman a súa reapertura porque entenden que a comercialización de produtos a través das cadeas de distribución é insuficiente. Presentan un protocolo que completa as medidas que xa están recollidas na orde da Xunta que regula a seguridade a ter en conta no caso de que o ministerio permitira a reapertura

15 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Medio Rural e varias cadenas de distribución acaban de chegar a un acordo para que os agricultores e ganderios que viron pechadas as vías de comercialización dos seus productos polo peche da hostelería e a paralización das feiras non acaba de convencer ao Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA). Cren que a medida non é suficiente porque beneficia á distribución en detrimento da venda directa  e volven reclamar que se permita a comercialización deses productos do sector primario nas feiras. Para acompañar a súa demanda presentaron este martes na Consellería de Medio Rural unha proposta de protocolo para regular a celebración deses mercados de productos de proximidade mentras dure o estado de alarma. Entre as súas propostas, ademáis do mantemento da distancia de seguridade de catro metros entre postos ou o uso de luvas e mascarillas por parte dos agricultores, articulan medidas como facer os desprazamentos en círculo ou poder abonar a compra realizada en cada posto de forma conxunta ao final con tarxeta ou medios telemáticos. Para iso artellaríase unha fórmula de tickets ou cartilla conxunta de mercado. Ademáis engaden que deberá habilitarse unha única entrada á feira e só poderá haber unha persoa mercando por posto. 

Dende as dúas organizacións agrarias din que «neste protocolo corríxense numerosos aspectos do xa redactado pola consellería para garantir a seguridade tanto de consumidores e consumidoras como de produtores e produtoras» e engaden que as medidas de seguridade serán moito máis «superiores ás de calquera supermercado, xa que é moito máis restritivo e estrito en cuestións como as distancias, o uso de cartos en metálico ou a manipulación dos alimentos».

Sobre a proposta da Consellería de Mercaproximidade cren que as compras de tódolos produtos «se fagan cuns prezos mínimos dignos garantidos» porque, como engaden, «até agora, as restricións do estado de alarma só serviron para que as grandes cadeas de supermercados aumentasen aínda máis a súa posición de dominio do mercado en detrimento da venda directa».