Patrocinado porPatrocinado por

O centro de Areeiro recomenda vixiar o mildiu no viñedo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AGRICULTURA

MARTINA MISER

Redúcense os controis realizados dende a estación fitopatolóxica debido ao COVID-19

06 abr 2020 . Actualizado a las 21:07 h.

O persoal da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) vén de retomar as visitas aos cultivos da provincia co obxectivo de seguir prestando o servizo de avisos fitosanitarios, pese ás medidas derivadas da situación de emerxencia sanitaria. Por este motivo, mentres permaneza o estado de alarma decretado polo COVID-19, reduciranse os percorridos fronte ao que é a rede de seguimento habitual. Areeiro destaca que, aínda así, é conveniente confirmar a situación particular de cada finca, «recomendación que cobra máis importancia nestes momentos», segundo informan desde o centro dependente da Deputación. Nas visitadas realizadas estes días ás viñas, o persoal da EFA observou estados fenolóxicos bastante heteroxéneos e recomenda revisar as plantas na procura das primeiras manchas de mildiu.