«A pataca pode dar un impulso á economía agraria de Galicia»

A investigadora Mónica Montouto fala do potencial que ten o tubérculo e insta a facer esforzos para manter a calidade do producto


redacción

Cando alguén vai á frutería e pide pataca de Galicia, o máis probable é que lle dean patacas kennebeck. De momento é a única amparada baixo a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, pero pronto poderán entrar dúas variedades máis. Sobre o potencial deste tubérculo en Galicia fala a investigadora e graduada en Tecnoloxía dos Alimentos, Mónica Montouto. Non lle cabe dúbida de que «a pataca pode dar un impulso á economía agraria de Galicia».

_Falenos da kennebeck

_Pois ten unhas caracteristicas morfológicas ou nutricionais que lle dan un plus de calidade. Son debidas en parte ás condicións climatoloxicas e á composición do chan. Ademáis, ten unha pel moi fina, unha carne de cor branca que é moi apreciada polo consumidor porque ten unha textura moi firme e é moi cremosa cando se coce. É a pataca ideal para o cocido».

_Qué diferencia a unha pataca de regadío de unha de secano?

_Máis que no que poda apreciar o consumidor, está na analise da composición. A pataca da zona de Carballo, a que non é de regadío ten máis estracto seco, e polo tanto da máis rendemento na cociña. Non hai unha diferencia abismal coa de regadío, aínda que esta última ten algo máis de humidade. 

_En Galicia, dependendo da zona, os tempos da sementeira varían...

_Hai varios tipos de producción de pataca que se fan en tempos diferentes. Hai as que se prantan na primavera, as patacas de tarde, que se recollen entre agosto e setembro. Despois hai as patacas de cedo, que se recollen dende xuño a xullo e que se botan a primeiros de ano. Todo está relacionado co tipo de chan. Hai lugares de Galicia onde dan máis rendemento pola pluviometría e a calidade do chan e outras nas que a productividade é maior nas patacas de tarde. Na zona de A Limia e na Terra Chá, por exemplo, teñen algunha producción máis tardía.

_Onde está o futuro da pataca?

_O futuro da pataca está en saber poñela en valor non só en Galicia, tamén no resto de España como a pataca do Pais Vasco. Temos que enfocar o traballo en poñer en valor o noso producto. Está vindo pataca de for a con prezos moi competitivos, polo que hemos de apoiarnos para diferenciar as nosas patacas pola calildade que teñen. Non é baixar prezo, é garantizar a calidade e sobre todo darlle valor engadido. A pataca pode dar un impulso a economía de Galicia. Hai xa pequenas plantas transformadoras que se están dando  a coñecer no mercado. É unha forma de potenciar a producción de pataca. Están empezando novos proxectos que van nese camiño.

 

 

 

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
0 votos
Comentarios

«A pataca pode dar un impulso á economía agraria de Galicia»