Patrocinado por

Técnicos de Medio Rural buscan sobre o terreo cómo frear á rata-toupa

Somos Agro REDACCIÓN

AGRICULTURA

O roedor cheou xa a As Nogais, Baralla, Cervantes, Folgoso do Caurel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela

23 ene 2020 . Actualizado a las 10:11 h.

A búsqueda dunha solución sostible para frear o avance da rata-toupa nos concellos da montaña lucense trae de cabeza aos técnicos da Consellería de Medio Rural. Este martes varios deles desprazáronse ata os concellos nos que se rexistrou a presenza deste roedor para avaliar as medidas a levar a cabo de cara a porlle freo. Polo de agora, segundo as comunicacións feitas polos gandeiros, habería afectadas 1629,63 hectáreas de superficie repartidas nun total de 2.995 parcelas repartidas entre os concellos de As Nogais, Baralla, Cervantes, Folgoso do Caurel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela

Despois de ver cómo estaban os campos, os técnicos avalirán as medidas a adoptar, respetando a normativa vixente. Dende a Xunta apuntan que «é preciso actuar coa máxima prudencia e cautela á hora de tomar as decisións oportunas, co fin de non danar a flora e fauna nos concellos efectados».  Os métodos empregados serán consensuados cos gandeiros que, como din dende a Xunta, xa avisaron que os métodos a levar a cabo «non terían efecto en períodos de choiva nin de neve, unhas condicións que, como é sabido, viñéronse dando desde novembro do 2019 ata practicamente finais do pasado ano».

Din dende a consellería que o «persoal da Xunta xa traballou sobre o terreo en novembro pasado. Naquel momento, os gandeiros e agricultores afectados comprometéronse a trasladar os datos da incidencia despois da Ponte da Constitución. Posteriormente, eles mesmos solicitaron que se ampliase ese prazo de declaración, algo que a Consellería aceptou, prolongándoo ata despois da festividade de Reis».