Somos Semente, do Craega,  recoñecida co premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital

A campaña, que é un relato audiovisual en tres capítulos difundido en redes, fala dos beneficios de consumir productos ecolóxicos


redacción

Mellor Estratexia Dixital. Ese foi o Premio Paraugas que recibiu a campaña Somos Semente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega). O galardón, convocado polo Clúster da Comunicación de Galicia, foi entregado o venres pasado en Expourense e ten por obxectivo poñer en valor o traballo dos creativos galegos. 

O traballo leva o selo da axencia Roi Scroll e está concebido, como explican dende o Consello Regulador, como un relato audiovisual de tres capítulos e con difusión exclusiva en redes sociais _Facebook, Twitter, Instagram e Youtube_. Cun marcado compoñente emocional, a proposta afonda nos fortes valores do organismo (respecto polo medio ambiente, benestar animal, desenvolvemento rural...) e nas vantaxes que ten tanto para a saúde como para o tecido económico consumir alimentos ecolóxicos.

Con máis de 3,2 millóns de impresións e 764.841 visualizacións desde o mes de outubro ata hoxe, a campaña no seu conxunto está a colleitar excelentes resultados. É a primeira vez que o Craega decide poñer en marcha un formato promocional con difusión exclusiva en soportes dixitais.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
0 votos
Comentarios

Somos Semente, do Craega,  recoñecida co premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital