Una invasión de roedores amenaza las ayudas de la PAC en la provincia de Lugo

Ganaderos y agricultores de la provincia piden medidas urgentes para evitar que continúen los daños

;
Una invasión de ratas amenaza las ayudas de la PAC en la provincia de Lugo Una plaga de ratas afecta a zonas de Triacastela, Pedrafita, Samos y Cervantes. La proliferación de roedores también está afectando al municipio de Folgoso do Courel.

Lugo, Monforte / La Voz

Carlos Gayo y Óscar Lago son dos de los ganaderos afectados por una plaga de roedores que afecta a zonas de Triacastela, Pedrafita, Samos y Cervantes. La proliferación de roedores también está afectando al municipio de Folgoso do Courel. La alcaldesa, Dolores Castro, señala que el Ayuntamiento ha pedido desde hace unos tres meses a las consellerías de Medio Rural y Medio Ambiente que intervengan para paliar los graves daños que estos animales causan en los prados de las localidades de Teixeira, Noceda, Vilela y Visuña, situadas en la parte norte del municipio, donde se concentra la mayor parte de la actividad ganadera local.

Carlos Gayo tiene una explotación en extensivo de 80 vacas y explica que los roedores llegaron hace tres años. «Reunímonos ca Consellería de Medio Ambiente en abril e aínda que acordaron levar a cabo algunha medida, non soubemos nada deles en todo este tempo», explica Carlos, que también asegura que los ganaderos abrieron la puerta a la administración para que esta llevase a cabo las medidas pertinentes para acabar con estos animales. Una de las preocupaciones centrales de ganaderos y agricultores gira en torno a las ayudas de la PAC. «Cando veñan os técnicos e vexan que as pradeiras non están ben vannos quitar superficie», explican.

Sin provisiones ni previsiones

«A pouca herba que temos non vale para nada porque ao recollela é só terra e no medio van as ratas mortas. En total, haberá unhas 5.000 hectáreas afectadas», explica Carlos. Óscar lago tiene unas 40 vacas y explica que los ganaderos ya llevan tiempo protestando por esta «plaga». Además, el problema de los roedores deriva en que los jabalíes «se acheguen aínda máis aos campos porque comen as ratas e seguen o rastro que deixan elas. Entón, continúan cos destrozos», cuentan. Los ganaderos piden soluciones inmediatas mientras que Medio Rural reitera que no es seguro que se trate de ratas.

Óscar Rivas, veterinario: «Non é unha especie invasora, senón totalmente autóctona»

Veterinario especializado en fauna silvestre e colaborador do Plan Life Oso Pardo da serra do Courel, Óscar Rivas afirma que os animais que están causando danos na montaña lucense non son ratas comúns, senón unha especie propia da cordilleira Cantábrica: a rata de auga setentrional, chamada rata topera en castelán. O seu antigo nome científico, Arvicola terrestris, foi cambiado en tempos recentes por Arvicola scherman.

—De onde veñen estes animais?

—Non son unha especie foránea e invasora, como poden ser a velutina e a avespiña do castañeiro. É unha especie totalmente autóctona e o límite occidental da súa área de distribución está nas serras dos Ancares e do Courel. Aínda que se lles chama ratas, non teñen nada que ver coas ratas comúns nin cos ratos silvestres. Están emparentadas coas ratas de auga, que son dun xénero de roedores moi diferente.

—Por que están aparecendo en cantidades tan grandes?

—O que está pasando non se pode cualificar como unha praga, porque estes animais non se moveron do seu hábitat tradicional. É un fenómeno natural, unha explosión demográfica que se produce cando se dan circunstancias favorables. Este mesmo fenómeno xa se produciu varias veces en Asturias nos últimos anos.

—Por que poden estar causando todos estes estragos nos prados?

—O seu comportamento é moi similar ao das toupas comúns, aínda que non teñen ningún parentesco con elas e son un pouco máis grandes. Cavan na terra uns buratos moi parecidos aos das toupas. Son totalmente herbívoros e é probable que a transformación dos terreos en prados axude a esta proliferación, porque os prados resúltanlles moi atractivos para buscar alimento.

—Non se pode facer nada para frear esta expansión?

—É difícil encontrar unha solución, pero hai que ter en conta que é un fenómeno natural que dura certo tempo e despois desaparece. Un inverno rigoroso pode provocar unha mortandade importante entre estes animais e facer que a poboación volva a uns límites normais. Ademais, esta especie ocupa un lugar moi importante nos ecosistemas porque sirve de presa a moitos animais carnívoros.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
2 votos
Comentarios

Una invasión de roedores amenaza las ayudas de la PAC en la provincia de Lugo