«O servizo de maquinaria non é para gañar diñeiro. Ese é o espírito cooperativista»

O presidente da cooperativa Codegui explica o uso que se fai da maquinaria común


lugo

Codegui, cooperativa de Guitiriz, ten arredor de cen socios. Os dedicados á produción de leite son máis ca os pertencentes ao sector cárnico —a proporción anda arredor dun 60-40—, pero todos teñen a posibilidade de empregar maquinaria ao seu dispor (un tractor, unha cisterna para o purín e outra máquina máis). O presidente, Luis López, afirma que a cooperativa quizais necesite estudar a compra de nova maquinaria, aínda que engade que a decisión final corresponde aos socios.

—Que importancia ten dispoñer de maquinaria para os socios nunha cooperativa coma esta?

—Os nosos socios son pequenos, non son xente cun gran volume de produción. Facilitamos que non teñan que ir con maquinaria pequena dun lado para outro.

—Axuda esa maquinaria no traballo das explotacións?

—Por suposto que si. O que queremos é que se beneficien todos. O servizo de maquinaria non é para gañar diñeiro. Ese é o espírito cooperativista, aínda que non hai moito por aquí. O importante é que a xente que non ten maquinaria poida acceder a ela.

—Prevese utiliizar as axudas da Xunta para renovar algo de maquinaria?

—Non o descartamos.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
0 votos
Comentarios

«O servizo de maquinaria non é para gañar diñeiro. Ese é o espírito cooperativista»