Máis de 5.000 persoas pasaron pola festa do Pan de Cea, que xa factura máis dun millón de euros 

A grande demanda de pan obrigou a cocer máis pezas


redacción

As previsións dos panadeiros de Cea volveron trabucarse, aínda que desta volta os artesáns estaban preparados para posibles incidencias e cos fornos a punto para dar resposta. O presidente dos panadeiros, Carlos Rodríguez, anunciaba antes da festa que se ía incrementar o número de pezas elaboradas para a cita anual -no 2018 esgotouse o pan a media mañá- pero as 4.000 poias non chegaron para dar resposta á demanda. «Por se pasaba isto houbo xente de garda e ao final puxémonos nas 4.500 pezas de pan», sinalou o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea. Este organismo está integrado por 17 fornos. O ano pasado elaboraron cerca de 700.000 pezas, cun valor estimado, segundo a Xunta, de máis dun millón de euros. 

Precisamente este feito, contar co amparo dunha IXP, foi destacado na festa por parte do conselleiro de Medio Rural. Segundo José González «cómpre salientar esta circunstancia, no marco do traballo que desenvolve a Xunta a prol da promoción e divulgación dos alimentos galegos en xeral e, de forma especial, dos recollidos por este tipo de selos». Polo Campo da Saleta pasaron «máis de 5.000 persoas e na Ruta dos Fornos -celebrada na tarde-noite do sábado- participaron máis de 800 personas. Tamén quedaron pequenas as cincocentas prazas do xantar oficial. A verdade é que quedamos especialmente satisfeitos coa resposta», sinalou Carlos Rodríguez. 

 

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
1 votos
Comentarios

Máis de 5.000 persoas pasaron pola festa do Pan de Cea, que xa factura máis dun millón de euros