Patrocinado porPatrocinado por

Adegal pide axudas para manter un sector primario con 20.000 hectáreas de cereal e pataca

La Voz XINZO / LA VOZ

AGRICULTURA

A asociación de empresarios agrícolas e gandeiros da Limia (Adegal) solicitou das administracións públicas axudas e apoio aos principais cultivos da zona

16 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación de empresarios agrícolas e gandeiros da Limia (Adegal) solicitou das administracións públicas axudas e apoio aos principais cultivos da zona. A Limia conta con 17.000 hectáreas de cereal. En particular son os cereais de gran, trigo e centeo, os mais sementados. Considérase o graneiro de Galicia e nesta produción baséase a IXP Pan de Cea, na opinión de Maite Joga, responsable da agrupación. «Á marxe destas producións cerealistas, se algo caracteriza á agricultura da zona é a produción de pataca, que é sen dúbida a mais importante de Galicia. A superficie sementada neste territorio agrupa 3.500 hectáreas das terras cultivada», segundo Joga.

En gandería destaca a produción de porcino. Os animais censados desta especie agrupan un 17% dos efectivos totais de porcino en Galicia. A nivel da provincia de Ourense aporta a metade do porcino, o 37% das aves, 24 % de ovino, o 22% das coellas nais, o 11 % do equino e o 20% do bovino. Neste último subsector, a especialización na produción de carne leva a criar un 15% do que se certifica a IXP Tenreira Galega.

A diversidade da economía industrial e de servicios na zona reflexa o interese social na agricultura e na gandería. Neste sector da actividade hai máis de 50 empresas con uns 350 empregos de carácter directo. Entre elas cabe subliñar: 13 almacenistas envasadores de pataca e produtos hortícolas, 2 fábricas de pataca frita, 7 empresas de fitosanitarios, 4 almacenistas de cereal, 3 clínicas veterinarias, 8 almacéns de abonos, 6 concesionarios de maquinaria agrícola, 7 talleres de reparación de maquinaria e venta de material de rego, entroutros

Soamente o sector dos almacenistas envasadores de pataca dá traballo a mais de 100 persoas, dispón de 20-25 vehículos de transporte, con maquinaria de envasado por valor de 10 millóns de euros e unhas instalación cubertas superiores a 45.000 metros cadrados. «Estamos nunha zona con vocación agraria, na que está consolidado como un modo de vida e unha fonte de riqueza. Ademais, o alto grado de profesionalización do sector fai que se traballe con técnicas e tecnoloxías punteiras, sempre co máximo respecto ao entorno. Fai falla o respaldo das administración ao sector primario limiao».