A Pementeira e Amarelante, entre os oito galardoados co premio Agader pola súa aposta pola innovación no medio rural

Os galardóns entregaranse o día 21 deste mes nun acto que se celebrará no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón.

Membros de Amarelante recollen castañas nunha imaxe de arquivo
Membros de Amarelante recollen castañas nunha imaxe de arquivo

redacción

A Pementeira, unha SAT ubicada no concello de Padrón, e a Sociedade Cooperativa Amarelante, no municipio ourensano de Manzaneda, son dous dos oito premiados na edición deste ano dos premios Agader que recoñecen a aposta e innovación en diferentes campos relacionados co medio rural galego. Cada un deles está dotado con 10.000 euros e os recoñecementos entregaranse o día 21 deste mes nunha cerimonia no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón. 

A Pementeira foi recoñecida no apartado agrogandeiro pola súa aposta por poñer en valor un producto como o pemento adscrito á denominación Pemento de Herbón. De feito, máis alá do seu cultivo, tamén envasan e transforman facendo productos tan innovadores como mermelada ou bombóns. No caso de Amarelante o recoñecemento venlle dado pola contribución que fai ao contribuir ao movemento de terras e frear o abandono. Porque o que fai esta cooperativa e explotar e recuperar os soutos que hai en Manzaneda, tanto para aproveitar o fruto da castaña como para convertila en fariña. 

O resto de galardoados nas diferentes categorías foron a Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso, na categoría de promoción cultural e recuperación patrimonial; Corazón de Carballo, de Tomiño, no eido de mocidade; a Asociación Carabelo, de Lalín, no eido de interese social; o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra Caurel, nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil,no apartado de turismo; Polyesteres Bidasoa, S.L., de Marín, no eido de iniciativas levadas a cabo por mulleres; Gráficas Salnés, S.L., de Cambados, no eido da innovación tecnolóxica.  O conselleiro de Medio Rural, José González, felicitou ao tódolos galardoados pola súa contribución ao despegue do medio rural galego. 

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
0 votos
Comentarios

A Pementeira e Amarelante, entre os oito galardoados co premio Agader pola súa aposta pola innovación no medio rural