Patrocinado porPatrocinado por

Lugo celebra unha fin de semana sobre mel e apicultura

AGRICULTURA

CEDIDA

Haberá charlas, exposición e venda de produtos, na Deputación e na Praza da Soidade

27 sep 2018 . Actualizado a las 09:34 h.

Desde mañá ata o domingo • Lugo • Lugo celebra unha fin de semana sobre mel e apicultura, da man das I Xornadas Apícolas, que organiza a Asociación Provincial Lucense de Apicultores, e da XXVI Feira do Mel de Lugo. A programación foi presentada onte na Deputación de Lugo. O vicepresidente provincial, Argelio Fernández Queipo, sinalou o interese que ten a apicultura como complemento das economías familiares, e avanzou que este ano incrementarase o prezo do mel, debido á escasa produción rexistrada.

O programa de actos para estes días é o seguinte:

Mañá (Salón de actos da Deputación)

· 19.30 h. Charla sobre a importancia da apicultura na nosa sociedade, a cargo de Pablo Piñeiro Fraga, presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultores

Sábado 29 (Salón de actos da Deputación)

· 16.00 h. O entomólogo Manuel Corral Andrade, un dos principais expertos na avespa velutina en Galicia, falará da situación actual da avespa invasora e das últimas técnicas en trampas e atraentes

· 18.00 h. O apicultor Francisco López Devesa, de Mieles Modia, expoñerá os pasos para pasar da apicultura familiar á apicultura profesional

· 19.30 h. O apicultor Román Cid Álvarez, presidente da Asociación Abellas Nais, centrará a súa intervención na produción e comercialización de propóleos

Domingo 30

· 10.00-17.00 h. Praza da Soidade. XXVI Feira do Mel, onde se poderán adquirir diferentes tipos de mel de Galicia. Nesta edición participarán 22 apicultores. O prezo do mel será de 8 euros o quilo e de 4,50 euros o medio quilo.