«Nun concello coma o noso ter terras a bravo e xente no paro non é lóxico»

Crear emprego e suelo industrial, dous dos obxectivos que se marca o goberno do Valadouro

O socialista Edmundo Maseda leva tres anos gobernando o Concello do Valadouro.
O socialista Edmundo Maseda leva tres anos gobernando o Concello do Valadouro.

O VALADOURO / LA VOZ

O socialista Edmundo Maseda cumprirá en xuño tres anos como alcalde do Valadouro, tempo prudente para irse rodando nestas tarefas municipais.

-¿Como vai o Concello?

-O Concello está moi ben, pagouse toda a débeda, devolvemos as licencias que había que devolver, temos un Concello saneado totalmente, non debemos nada; os pagos son áxiles, na última conta que dimos saía un período de pago de menos 5 días; pagamos sempre no prazo legal e temos 700.000 euros de remanente. O Concello está nunha situación mellor ca que atopamos cando empezamos. (...). Estamos en situación de abordar calquera plan que faga falla no Concello, temos unha situación económica boa para poder afrontala.

-O seu proxecto estrela parece que vai pola horticultura ¿Non?

-O tema da horticultura e o tema do emprego. Nun Concello como o noso ter terras a bravo e xente no paro non é lóxico. Había que buscar unha maneira de incentivar que se volvera ó sector primario para que o Concello recupere a súa razón de ser. Somos un concello agrícola, aquí a industria ten menos incidencia, os tempos son malos e pensamos que tiña que ser unha alternativa que tivese futuro e posibilidades. En agricultura a produción ecolóxica é a única que está medrando; medra a razón dun 20, un 24% anual e aí hai posibilidades; as estruturas que temos aquí de produción conservan moito as maneiras da produción ecolóxica e é fácil incorporarse, pero iso necesita formación, con todos os problemas que conleva coa lei de racionalización, co tema das competencias, de que si son do Concello ou non; o tema da formación é dificultoso...Agora mesmo os concellos podemos tomar poucas iniciativas propias para facer cousas (...); si hai paro e necesidade, a administración debería investir e non podemos facelo e buscamos alternativas. Este ano a formación creo que a vamos consolidar. Temos listo o proxecto do edificio da escola para que quede xa e que sexa homologado para dar formación na rama. Leva unha inversión de 130.000 euros e esperamos telo listo a finais de setembro.

-¿E o polígono?

-No polígono se fixo o estudo da zona afectada por Patrimonio e está a Deputación redactando o proxecto e penso que este ano teremos importantes novidades. Estamos á espera. No convenio nós poñemos 400.000 euros, iso significa que o 10% das parcelas van ser do Concello para que nosoutros dende aquí poidamos incentivar a instalación e creación de empresas no polígono. Teremos suelo propio e ás empresas que teñan proxectos interesantes podemos ofrecérllelo. Son dúas cousas importantes que queremos sacar adiante (...)

-¿Como van os servizos?

-Este tempo tivemos moitísimos problema pola prohibición de contratar persoal e agora acábase de facer unha selección para cubrir dous postos de dúas prazas. Unha é unha substitución polo problema dunha baixa por accidente, e outra é unha praza que tiñamos que nos deixa o Ministerio sacar e outra é unha de administrativo; se fixeron os exames o mércores. Vamos repoñendo ese persoal que nos fai falla. Nosoutros non temos débeda, que temos remanente, e iamos moi escasos de persoal para atender as necesidades do concello e os servizos hai que seguir prestándoos. O tema de emprego foi no que nos volcamos dende o principio. Os dous primeiros anos creamos 80 postos e no terceiro seguimos nesa dinámica.

-¿Outros proxectos en marcha?

-Estamos co tema da auga de Santa Cruz, temos un proxecto presentado en Augas para mellorar esa traída que cando hai choivas ven a auga revolta (...). Vamos por en marcha o equipo de rebacheo, creando emprego. O diñeiro cobrado pola ocupación de espazos públicos de Rede Eléctrica a investimos en emprego (...). E co saneamento. Primeiro hai que facer as depuradoras e estamos mirando terreos para colocalas. En Santa Cruz miramos masas comúns e a ubicación no punto máis baixo para absorber Recaré e Santo Tomé, e en Budián, hai contactos cun particular. Colaboramos con todas as asociacións do Concello, con 4.000 euros para cada unha, e para as máis pequenas, 600, para gastos de funcionamento. Queremos que todo o mundo faga cousas.

EDMUNDo MASEDA MASEDA ALCALDE DE O VALADOURO

«Temos un Concello saneado totalmente, non debemos nada, os pagos son áxiles e temos 700.000 euros de remanente»»

«En agricultura a produción ecolóxica é a única que está medrando, a razón dun 20-24 % anual e aí hai posibilidades»

«No tema do emprego volcámonos dende o principio. Os dous primeiros anos creamos 80 postos»

Edmundo Maseda

«Hai que ir tomando medidas para que os novos se queden»

-Coa de anos que se leva falando do polígono parece incrible que poida chegar ¿Hai demanda de suelo?

-Si, si. Nos falamos cos empresarios da zona e queremos facer isto canto antes, porque hai empresas que queren medrar e si non teñen suelo aquí van ter que marcharse e iso non podemos consentilo. (...) Suelo industrial se necesita en tódolos concellos, sexa máis grande ou más pequeno. Nos tampouco pedimos un megapolígono, non o necesitamos, que o único que fan esas infraestruturas e encarecer o prezo da parcela, nosoutros con un de 20.000 metros cadrados útiles nos chega para quince ou vinte anos; ogallá que se cubra en catro ou cinco, si é así ampliamos e listo, pero non vamos facer inversións innecesarias, non estamos no plan de facer aeroportos sen avións e autopistas sen coches. Estamos máis cos pes na terra.

-¿O problema máis grave?

-Internet (rise recordando que o problema que os tivo 8 días sin conexión coa Xunta aínda non se acabou amañar). O problema máis grave non é solo noso senón dos concellos do noso tamaño do interior, que é a avanzada idade da poboación. Non se tomaron as medidas que había que tomar no seu día e agora nos atopamos cun porcentaxe de xente de idade avanzada moi elevado (...) Ímonos aguantando, estamos aí no umbral dos 2.000 habitantes, 2.030, 2.040. Temos moitos nenos, o colexio ten 115, 120 alumnos, pero iso non significa que se vaia aguantar ese teito dous 2000 habitantes porque hai moitísima xente de 70, setenta e pico, 80 anos. Por lei natural á volta de dez anos vaise notar moitísimo o baixón da poboación, por moi ben que vaian as cousas. Hai que ir tomando medidas para que os novos se queden e que sexamos capaces de atraer xente doutros sitios. Aí estamos coas medidas sociais que podemos impulsar, en educación, actividades, bancos de libros, apoiando á Anpa... na gardería igual (...)

-¿Como leva o goberno co BNG?

-A relación é boa dende o primeiro momento, se falan as cousas, estamos nas comisións de goberno e se están sacando o máximo de iniciativas. O pacto funciona perfectamente.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
1 votos
Comentarios

«Nun concello coma o noso ter terras a bravo e xente no paro non é lóxico»