Patrocinado porPatrocinado por

«En Londres ou en París hai colmeas nas terrazas»

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu CARBALLO / LA VOZ

AGRICULTURA

A paixón polas abellas é maior canto máis civilizadas son as sociedades, di

22 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A paixón polas abellas é maior canto máis civilizadas son as sociedades. Así o cre Xesús Asorey que leva anos percorrendo o mundo e coñecendo como se vive a apicultura fóra de España. Lamenta que aquí non se permitan a colmeas nas cidades.

-¿Por que cada vez hai maior interese pola apicultura?

-Este é un tema totalmente apaixonante. A xente que se achega a este mundo queda como enganchada porque o comportamento das abellas e o seu xeito de vivir marabilla a grandes e pequenos. Hai presidentes de goberno que teñen abellas aínda que non o digan publicamente. Na Casa Branca agora hai colmeas porque Michelle Obama ten un horto ecolóxico e tenas para polinizar e para que as vexan os rapaces. Afección preferida de Obama é facer cervexa con mel. É o regalo que ofrece aos visitantes. Ademais, debido calamidades como a velutina, a varroa ou os pesticidas neurótoxicos están totalmente asediadas e por iso a xente remángase e ponse o mono de traballo para defendela. En Londres ou en París hai colmeas nas terrazas dos pisos, nos museos e mesmo nos grandes restaurantes, que ofrecen o seu propio mel. A lexislación prohíbenas en España. Estamos menos concienciados da súa importancia.

-¿Por que lles temos tanto aprecio?

-Sabemos que a desaparición das abellas é un problema medioambiental de primeiro orde. Se fallan non habería comida, novas plantas e biodiversidade. Decaería a o número de abellas no mundo, como está a decaer, porque se están a utilizar moitos pesticidas na agricultura, pero tamén pola velutina, porque os apicultores tanto se é para autoconsumo como comerciais, deixan de producir, xa que elas teñen medo e non saen ao campo. O da nespra asiática é un problema medioambiental e de seguridade cidadá, pero os apicultores teñen un problema particular que é que quedan sen abellas.