Patrocinado porPatrocinado por

A provincia dos ríos maltratados

Ángel Dorrío

AGRICULTURA

05 jun 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Estamos na provincia dos ríos maltratados. O Sil encorado sucesivamente coas súas augas presas agardando ás compañías hidroeléctricas. Na comarca de O Barco os ríos contaminados nas zonas de lousa. Tamén vemos o río Limia desecado no verán e o encoro de As Conchas enverdecido con cianobacterias. O Barbaña con continuos vertidos químicos debido a súa depuradora sen funcionar axeitadamente. E o Miño na cidade de Ourense sufrindo vertidos de augas residuais sen tratar pola incapacidade da rede de saneamento. Nunha provincia eminentemente agrícola constátase cada vez máis a desertificación do rural por falta de políticas axeitadas que axuden ao seu desenvolvemento e aposten por modelos de agricultura e gandeira ecolóxica, favorecendo o asentamento da poboación no rural e evitando a súa perda e a desaparición do patrimonio etnográfico e cultural. Continuamos sendo sufridores dende fai máis de catro décadas do mal endémico dos incendios forestais, producíndose na provincia a metade de todos os incendios do estado e quedando todos os anos a expensas das condicións climatolóxicas por falla de medidas de prevención e de concienciación e sensibilización. A todos estes problemas dende Amigos da Terra e as asociacións ecoloxistas temos propostas concretas, factíbeis e realistas destinadas a seren aplicadas polas administracións e permitiren a transformación da nosa sociedade para acadar un mellor ambiente.