«Investín o pago único do paro en abrir unha tenda de barrio e ecolóxica que aposta polo de aquí»

Rosana López concilia mellor agora a vida laboral e familiar.
Rosana López concilia mellor agora a vida laboral e familiar.

A paralización do sector inmobiliario puxo contra as cordas á empresa na que Rosana López levaba dez anos traballando. Nai de dous nenos, de 8 e 4 anos, esta lucense decidiu transformar a crise en oportunidade. «Investín o pago único do paro en abrir unha tenda mixta, de barrio e ecolóxica, que aposta polo de aquí», explica a emprendedora, que o 13 de marzo abriu A despensa do avó Francisco, no barrio da Milagrosa. Licores artesáns, ovos caseiros, froitas, verduras, pans de Modesto de Antas ou de Manuel, leitugas de Lourenzá, queixos frescos, de cabra e das denominacións de orixe San Simón ou O Cebreiro conviven cos primeiros xoguetes en galego, de Galileo Nenos, nun establecemento que ten como bandeira o consumo responsable. «A cultura tamén alimenta a ecoloxía», indica a emprendedora, que disfruta atendendo á xente. «Estamos no barrio no que levo toda a vida, e iso axuda a empezar», recoñece, antes de destacar «as moitas leccións» que dá a xente maior. «Veñen coa súa bolsiña e valoran volver ao de antes. Devecen por que o tomate saiba a tomate, e din que hai queixos e pans que lles recordan aos que tomaban de pequenos», sorrí. Na tenda, que xa conta coa certificación do Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), despacha froitas e hortalizas de cultivo intensivo, pero tamén ecolóxicas.

Quilómetro cero

«Non somos unha tenda delicatesen, pero vendemos produto de calidade. O importante é informar. Que a xente saiba que é o que compra. Gústanos moito a filosofía do quilómetro cero, de que os produtos sexan de canto máis cerca mellor e do produto de temporada», indica. Nesa aposta polos provedores de proximidade, os martes e os mércores son días estrela, cando chegan os produtos de Ecoadellao ou Labregos Daiquí.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
8 votos

«Investín o pago único do paro en abrir unha tenda de barrio e ecolóxica que aposta polo de aquí»