Patrocinado porPatrocinado por

A agricultura ecolóxica nos puntos de venda, a debate cos expertos

Natalia Díaz MONFORTE/ LA VOZ.

AGRICULTURA

17 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Nos últimos anos o sector dos produtos ecolóxicos está a experimentar un importante auxe, acompañado dun aumento de demanda e dun incremento dos puntos de venda. Foi esta última cuestión a que centrou o curso organizado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, con sede en Monforte, que se celebrou en Santiago. Máis de 50 persoas relacionadas coa agricultura ecolóxica chegadas dende distintos puntos da comunidade galega asistiron á xornada, que comezou coa conferencia «A experiencia de Granxa familiar», a cargo do investigador e doutor europeo en Xeografía, Carlos Ferrás Sexto, director do proxecto na rede Granxa Familiar. O ciclo continuou da man de Antonio Elizagaray Larumbe, fundador da primeira tenda de alimentación ecolóxica en Pamplona, que ofreceu unha charla sobre as pautas de comercialización e venda das tendas ecolóxicas. O presidente de Craega, José Antonio Rodríguez, valorou a experiencia, que agarda repetir para o ano que vén. «Deberíamos celebrar máis xornadas relacionadas coas tendas e os puntos de venda, xa que é algo que as persoas que se dedican á agricultura ecolóxica precisan para incorporase ao mercado», sinala. Así, dende o curso buscábase dotar ao comercio de coñecementos específicos sobre o sistema de produción ecolóxica, e mellorar a comercialización dos produtos amparados pola denominación Agricultura Ecolóxica de Galicia.