O multiusos de Monforte acollerá unha xornada sobre produción de mel ecolóxico


O Concello de Monforte concedeu ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) a autorización necesaria para celebrar no centro multiusos unha xornada sobre a elaboración de mel con métodos biolóxicos. Esta actividade coincidirá coa celebración da feira de produtos de outono que o Concello organizará o último sábado de outubro, na que participarán o Craega e o Centro Comercial Urbano (CCU). Como xa se anunciou, nesta feira participarán produtores de agricultura ecolóxica que exporán e venderán os seus produtos no tramo peonil da rúa Cardeal.

A feira coincidirá tamén cunha xornada gastronómica que o CCU dedicará ao viño doce e ás castañas e que terá igualmente por escenario a rúa Cardeal.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
1 votos

O multiusos de Monforte acollerá unha xornada sobre produción de mel ecolóxico