Presentación do plano agrobiolóxico galego e de diversas experiencias


O Colexio da Compañía de Monforte acollerá desde o venres ata o domingo o segundo Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica de Galicia. A primeira xornada abrirase ás 9.30 horas e acto seguido pronunciarase a primeira conferencia, Pasado, presente e futuro da agricultura ecolóxica en Galicia , a cargo do director técnico do Craega, Ernesto Sánchez Delgado. Ás 16 horas, Manuel González de Molina, antigo responsable de agricultura ecolóxica da Junta de Andalucía, falará sobre a experiencia desa comunidade neste sector. Ás 19 presentarase o plano de desenvolvemento da bioagricultura da Consellería de Medio Rural.

O sábado, ás 9.30, o catedrático Adolfo Cordero falará sobre O monte como base para o desenvolvemento sustentable . Pola tarde, ás 16 horas, haberá unha mesa redonda sobre As experiencias de agricultura ecolóxica en Galicia . Ás 18.30, o catedrático holandés Jan Dowe van der Ploeg, experto en socioloxía rural, falará sobre As agriculturas atrasadas e o seu papel na nova agricultura europea . Para o domingo está prevista unha visita de campo, a partir das nove, para coñecer diversas experiencias de bioagricultura na comarca.

Xornada técnica

O día 4, por outro lado, celebrarase no Colexio da Compañía unha xornada técnica sobre as cooperativas de distribución de produtos ecolóxicos. De 9.30 a 14 horas e de 16.30 a 20 horas presentaranse diversos relatorios sobre as estratexias de cooperación neste sector e sobre as experiencias levadas a cabo ata agora en Galicia neste campo. A sesión matinal estará aberta a todas as persoas interesadas, mentres que a da tarde diríxese sobre todo a profesionais do sector.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
0 votos

Presentación do plano agrobiolóxico galego e de diversas experiencias