Patrocinado porPatrocinado por

Chantada e O Incio destacan entre municipios con maior número de produccións biolóxicas

La Voz

AGRICULTURA

23 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Unha parte das axudas diríxese de forma específica ós productores inscritos no Craega ou Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, organismo que está rexistrando un aumento en solicitudes de ingreso. Nas comarcas d zona sur, estes productores repártense de forma bastante irregular. Comarca de Lemos No municipio de Monforte hai actualmente dúas explotacións rexistradas ecolóxicas, unha de vexetal e outra de gando porcino. No Saviñao hai un productor de mazás e en Pobra do Brollón, outro de vexetais. Sarria Nesta comarca, os municipios onde existen máis explotacións desta clase son os de O Incio -onde están rexistrados 12 productores, tres deles de vacún de carne- e Láncara, con outros doce, entre os que hai unha explotación de vacún. En O Páramo hai catro, en Sarria, tres, e en Triacastela, dúas, mentras que Paradela e Portomarín teñen unha soa explotación. Chantada O municipio de Chantada é o que conta cun maior número de explotacións acollidas á agricultura ecolóxica. Son 24 en total e dedícanse á producción de castañas e mazás na súa maioría. En Taboada hai catro productores e en Carballedo, un. Quiroga Na comarca quiroguesa só hai por agora dous productores inscritos no Craega: un de castañas no Courel e outro de apicultura en Quiroga.