Patrocinado porPatrocinado por

A carballeira de Pena Boeira aspira ao rexistro de masas consolidadas de frondosas

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS AGRO

BASILIO BELLO

Medio Rural inicia o proceso para inscribir este espazo de Ourense, que ten unha extensión de 498,73 hectáreas

11 nov 2020 . Actualizado a las 09:22 h.

A Consellería do Medio Rural puxo en marcha o proceso para inscribir no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas o monte coñecido como Carballeira de Pena Boeira, situado no municipio ourensán de Castro de Val e titularidade da comunidade de montes de Gondulfes e Marbán.

Este monte está clasificado como veciñal en mancomún dende 1973 e dispón dun instrumento de ordenación dende o ano pasado. A súa superficie total é de 498,72 hectáreas, que está ocupadas por unha formación de cerqueiro, acompañada de piñeiro silvestre, salgueiros e bidueiros como especies secundarias. Esa masa, que foi a que se incluíu neste expediente, abrangue un total de 35,58 hectáreas do monte veciñal nun único couto redondo.

A partir desta mesma mañá, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes os documentos correspondentes a este expediente, podendo presentar as alegacións que se estimen oportunas. Cabe sinalar que Medio Rural está a tramitar actualmente un total de 40 expedientes de inscrición no rexistro de masas consolidadas frondosas, que supoñen en conxunto unhas 3.000 hectáreas de terreo.. Destes expedientes, sete corresponden á provincia da Coruña, 17 á de Lugo, cinco á de Ourense e once a Pontevedra.