Patrocinado porPatrocinado por

Música, viño do Ribeiro e castañas para loitar contra a violencia machista

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS AGRO

O consello regulador celebra un evento moi especial que terá lugar na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos o 22 de novembro ás 20.30 horas

19 nov 2019 . Actualizado a las 10:10 h.

Visibilidade é o título do acto que organiza o consello regulador do Ribeiro en colaboración coa secretaría xeral de Igualdade con motivo do Día Internacional da Non Violencia de Xénero. Será o próximo día 22 cando na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, se unan os viños do Ribeiro, cos proxectos de catro adegueiras e a música en directo. Dará comezo ás oito e media da tarde.

Xulia Bande, de Son de Arrieiro, Iria Otero, de Vinos con Memoria, Eva Bermúdez, de Adegas do Rexurdir, e Duvi González, de Adega Dona Elisa, comentarán os seus proxectos e vivencias persoais e farán unha comentada con degustación dos seus viños. Ademáis, todo isto harmonizarase cun magosto moi especial, no que colabora a IXP Castaña de Galicia. O acto estará amenizado polo grupo de blues BluBeats Dúo. 

A entrada será de balde ata completar o aforo, pero os asistentes terán a oportunidade de deixar un donativo, que se destinará íntegramente a Asociación Mirabal, que leva a cabo actuacións contra a violencia machista a favor das víctimas e dos seus familiares. Entre as súas actividades destaca o acompañamento das vítimas, a realización de accións de concienciación social e a procura da erradicación desta lacra.