Patrocinado porPatrocinado por

Charla sobre plantas medicinais na estación científica do Courel

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS AGRO

OSCAR CELA

Os participantes estudarán o uso dun total de trinta especies diferentes

03 jun 2019 . Actualizado a las 13:24 h.

Os uso tradicional das plantas meidicinais en Galicia é o título do obradoiro que impartirá a licenciada en Farmacia pola USC, María Moure de Oteyza, na estación científica do Courel. Este taller intensivo terá lugar entre o 7 e o 9 de xuño e incluirá once horas de explicación teórica e dúas excursións. Os interesados poderán inscribirse antes do 3 de xuño nos teléfonos 982 821 901, 648 051 928, 600 942 418 ou enviando un correo electrónico a ro_rodriguez@hotmail.com ou a antonio.rigueiro@usc.es. 

As clases comenzarán cunha introducción ás plantas medicinais e, posteriormente, pasarán a explicarse tres especies por hora mediante as súas fichas técnicas. O taller pecharase cun coloquio no que os interesados poderán presentar as súas dúbidas. Os participantes coñecerán un total de 30 plantas diferentes, clasificadas por orden alfabética. De cada unha delas estudarase o seu uso, tanto o recollido pola Farmacopea oficial coma o tradicional. Tamén se falará das máis utilizadas e da súas preparacións, así como as precaucións de uso e, no caso de que proceda, o seu significado máxico-medicinal, así como refráns e lendas. As clases prácticas consistirán en dúas excrusións en horario de tarde, a do domingo incluirá un xantar de camiño.