Os premios Voz Natura recoñeceron o traballo de 78.000 escolares galegos
12 jun 2026 . Actualizado a las 12:56 h.Sete equipos recibiron este xoves nas instalación de La Voz de Galicia os premios do curso Voz Natura, co Montesol de Vigo no alto do podio. Pero foron un total de 385 centros, con máis de 78.000 escolares implicados, os que traballaron arreo para protexer os ecosistemas e mitigar os efectos da crise climática.
Premio provincia de A Coruña
CEIP AGRO DO MUÍÑO (AMES)
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, entregoulles o premio á coordinadora do traballo, Yolanda González Espiñeira, e aos alumnos Lois Vallejo Saborido e Lía Troitiño Reboredo. Os galardóns provinciais están patrocinados por Gadisa e ascenden a 2.000 euros.
PREMIO PROVINCIA DE LUGO
CPI VIRXE DO MONTE (COSPEITO)
Zaloa Blanco, representante da Fundación Alcoa, entregoulles o premio a Tamara García Calaza, coordinadora, e ás alumnas Ruth Pita Domínguez e Carla Prado Seijas. Este centro forma parte de Naturacción, unha iniciativa patrocinada por Alcoa e a Consellería de Educación.
Premio provincia de Ourense
CPR SEMINARIO MENOR A INMACULADA (OURENSE)
Rebeca Tohux, do departamento de comunicación e relaciónsinstitucionais de El Corte Inglés, foi a encargada de darlles o premio ao coordinador, Álvaro Leis Rodríguez, e aos irmáns Iago e Raquel Nores Fernández, en representación de todos os seus compañeiros.
Premio provincia de Pontevedra
CPR DIVINO SALVADOR (VIGO)
Melisa Pagliaro, directora de márketing e responsabilidade social corporativa de Gadisa, entregoulles o premio a Rosana Toyos Pérez, coordinadora do traballo, e aos alumnos Marta Fernández López e Ismael Novoa Ríos. Este colexio foi un dos tres centros vigueses que levan premios nesta edición de Voz Natura.
Premio ao mellor proxecto infantil
EEI MONTE DA GUÍA (VIGO)
Xosé Luís Vilela Conde, director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, foi o encargado de entregarlles o galardón a Lidia Rodríguez Vázquez, coordinadora do traballo, e aos pequenos Alicia Conde Mañas e Pablo Cebada Alonso. Levan 2.000 euros grazas á Consellería de Medio Ambiente e Sogama.
Premio á mellor comunicación
CPI VIRXE DO MONTE (COSPEITO)
Rubén Santamarta Vicente, director de La Voz de Galicia, entregoulles o premio a Melania Coedo Pérez, coordinadora, e aos alumnos Renzo Gabriel Tapia Camarena e Dafne González Uz. Para este centro, tamén gañador na provincia de Lugo, vai un vale agasallo de El Corte Inglés por importe de 300 euros.