TVG afirma que acadou o seu máximo histórico no EGM

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Imaxe do plató para o debate electoral do 2024 en Televisión de Galicia
Imaxe do plató para o debate electoral do 2024 en Televisión de Galicia PACO RODRÍGUEZ

A canle autonómica sostén que rexistra unha cota de pantalla do 27,1 % no conxunto da semana

03 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Televisión de Galicia destaca os «excelentes resultados» obtidos na segunda onda do Estudo General de Medios (EgM) de 2025. Segundo subliña o ente autonómico, TVG acada «a súa mellor cota histórica e consolida o seu liderado absoluto no ámbito audiovisual galego e estatal autonómico, tanto na onda coma no cómputo do ano móbil». TVG sostén que rexistra unha cota de pantalla do 27,1 % no conxunto da semana, a máis alta das acadadas no EGM. Esta cifra representa un incremento de 3,9 puntos respecto da primeira onda de 2025 (un aumento do 16,8 %) e 5,7 puntos respecto da mesma onda do ano 2024 (un incremento do 26,6 %).

Indica a corporación que de luns a venres, a cota medra ata o 28,2 %, unha suba de 3,7 puntos fronte á primera onda do presente ano (15,1 % máis) e de 7 puntos respecto da segunda onda de fai un ano (suba do 33 %).

Afirma que no contexto das canles autonómicas, a TVG lidera e comparte o podio con Canal Sur e 3CAT.