Novo capítulo de «Saudade de ti», as 22.40 horas, na TVG

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Manuel San Martín, en «Saudade de ti»
Manuel San Martín, en «Saudade de ti»

Esta noite emítese o segundo episodio da serie protagonizada por Manuel San Martin e Mayka Braña

04 jul 2022 . Actualizado a las 13:30 h.

No episodio deste luns de Saudade de ti, a nova serie diaria de producida por Voz Audiovisual que emite de domingo a xoves a Televisión de Galicia, os espectadores verán como Gaspar recibe a alta, pero Adela, a súa muller, non parece moi impaciente por telo diante.

Mentres tanto, Raúl, o fillo, recibe a chamada dun hotel onde o parecer se aloxou o seu pai. Enviaranlle ese mesmo día un obxecto que esqueceu. A Mónica, esposa de Raúl e secretaria de Gaspar, estráñalle todo iso. Ela non lembra reservar ningún hotel por unha viaxe de negocios, aínda que non dubida en indagar para destapar as misteriosas viaxes do seu sogro.

Pola súa parte, o máis novo dos irmáns López de Castro, Brais, pretende conquistar a Noa Eiroa utilizando os seus encantos de surfeiro, aínda que a Elba non lle fan moita graza as intencións coa súa curmá, á que el lle saca uns aniños de máis. A Elba tampouco lle chistan as rifas que o seu tío Isidro lle bota cada vez que mete a pata traballando de camareira, e á súa nai aínda menos. Teresa non está para aturar o mal humor do seu cuñado.

Celia tampouco consegue que a situación co seu pai mellore. El non leva nada ben a morte de Olga nin os seus enganos. A Isidro non lle queda outra que buscar axuda en Santi, o enfermeiro, para lidar con todo.