A pesar da súa insistencia, Uxía non pode participar na investigación polo vínculo que ten con Santos polo que, a pesar das advertencias dos seus superiores, comeza as pescudas pola súa conta.
Mentres tanto, Antón, un dos gandeiros da cooperativa de Viladesantos, está na busca de inversores para o seu proxecto de montar unha queixaría. Ata o de agora os seus intentos son infrutuosos, pero a súa sorte pode cambiar despois de organizar unha cata con Olaia, a alcaldesa da vila. Ao mesmo tempo Lourenzo tamén estaría interesado en participar no negocio e decide nomear a Abel e Peixe como os seus consultores, algo do que seguro non tarda en arrepentirse.